Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nadal na Uned senior de Xestoso

lunes, 24 de diciembre de 2012
O pasado día 19 de decembro de 2012, celebramos o NADAL na Uned Senior de Xestoso cun encontro entre tódolos compañeiros e os Profesores que nos poideron acompañar, incluíndo –como non podía ser doutra maneira- ó noso Coordinador Rvdo D. Luis.

Hai moitas maneiras de celebra-lo Nadal. Nós facémolo cun encontro para compartir mesa, mantel, experiencias e consolidar cada día máis e mellor a nosa relación como compañeiros da Uned Senior de Xestoso. Sempre celebramos estas festas en torno á lareira comendo do que había. Afortunadamente nunca nos falaron dos Reis Magos, do Papá Noel, do consumismo, nin doutras historias.

O centro da celebración estivo sempre arredor do NACEMENTO DO NENO DEUS NA COVA DE BELÉN. Deus fíxose humano para que os humanos nos divinizáramos e pidéramos vivir felices compartindo todo canto de bo hai neste mundo. Confiou tanto en nós que puxo a creación enteira nas nosas mans.

Co paso do tempo, os humanos egoístas que non quixeron compartir cos pobres, puxeron tódolos medios ó seu alcance para darlle a volta á tortilla. Foron botando unha e outra capa de barniz por encima do verdadeiro sentido do Nadal de tal xeito que hoxe en día son moitas as persoas que pensan que Nadal equivale a regalos, festas, comilonas, consumismo, materialismo, hedonismo...

Moita xente nova e non tan nova, está sendo vítima destes ídolos. Consume, consume e volve a consumir pero non se ve saciada. Consume vorazmente e cada vez ten más fame. Fame de pan material e tamén fame de pan espiritual. Eso de por si xa é moi malo, pero o peor é que uns poucos absorben case todo; de xeito que son moitos os que quedan na miseria pola avaricia duns cuantos. Algún día derrumbaráselles a torre; pero mentres tanto…

Grazas que aínda quedamos algúns que vemos aquel NENO-DEUS encarnado nos desafiuzados, que están desesperados; nos xoves que non encontraron un oco no mundo laboral: nos que foron enganados polos bancos e perderon os aforros de toda a vida; nos enfermos que non poderán pagar as medicinas; en todo tipo de necesitados e, tamén en nós mesmos que vemos reducidas as nosas diminutas pensións. Pero do pouco que temos, compartimos. Esa é a nos riqueza e por eso somos felices. Deus está do noso lado.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES