Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Partidos, sindicatos e organizacións sociais

jueves, 20 de diciembre de 2012
O Foro E. Peinador e a Irmandade Galega de Adegueiros veñen de presentar unha nova edición da campaña “Consumo gustos etiquetados en galego” dirixida a sensibilizar aos consumidores galegos na preferenza polas marcas que se identifican coa nosa lingua. Esta iniciativa conta co apoio dun numeroso grupo de personaxes populares das artes, letras, medios de comunicación e organizacións sociais, que están axudando a espallar a mensaxe.

Este proposta ten como fundamentos a “Carta do consumo responsable e solidario”. Sinálase nela que o sector agroalimentario galego ten demostrado estar ao máis alto nivel respecto da calidade e seguridade alimentaria dos produtos que se ofrecen no mercado, podendo competir de igual a igual con calquera outro país da nosa contorna. Neste compromiso coa calidade ten feito unha aposta decidida polo aproveitamento sostible dos recursos naturais e pola recuperación de especies, razas e variedades tradicionais adaptadas ao noso hábitat, que permiten darlle aos nosos produtos e ás nosas elaboracións unha personalidade propia, ligada ao noso clima e territorio, xa que logo, inimitable.

Temos un deber responsable á hora de decidir por que produtos optarmos, coa conciencia de que os galegos contribúen ao noso desenvolvemento económico, permite fixar poboación e garanten a pervivivencia do noso país. Temos, asemade, un deber solidario con aquelas persoas emprendedoras que deron o paso arriscado de etiquetaren en galego as súas elaboracións ou utilizan o noso idioma nas súas campañas de promoción e comunicación, colaborando no mantemento dos nosos valores identitarios.

Os consumidores teñen a palabra. Ou deben tomala, se aínda non o fixeron. Porque o seu poder é moito; sen embargo, non fan uso del para esixirlles ás marcas comerciais maior responsabilidades social identificándoas coa nosa lingua. Cómpre xerar un movemento de opinión favorable que mostre preferenza polas marcas comerciais que etiquen no noso idioma. Neste movemento teñen moito que dicir as organizacións sociais, nomeadamente partidos e sindicatos. A elas correspóndelles o deber de animar aos seus afiliados a secundar esta iniciativa. A esta pedagoxía galeguizadora do consumo dében unir os concellos galegos que por mandato legal debe fomentar o uso do noso dioma en todas as ordes de vida social, cultural e económica.

Se os consumidores galegos non somos conscientes do poder que temos para decidir a que produtos debemos apoiar, perderemos soberanía alimentaria e o elemento máis singular que define a nosa identidade como nación.

Neste tempo de celebracións festivas propicio para un maior consumo temos a oportunidade de poñer en valor os argumentos expostos, espallando nas nosas familias e círculos de amigos esta maneira de facer a través do consumo galeguismo práctica e defensa dos nosos sectores produtivos.

Temos que ser consciente de que a vontade individual de cada un de nós, tanto en canto consumidores, é decisiva para acadar ese obxectivos. Daquela, etiquetados en galego, por favor.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES