Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos seres humanos

jueves, 20 de diciembre de 2012
SOMOS SERES HUMANOS

Comentario a “Reflexións sobre a igualdade”

A Asociación de Mulleres do Campo a través da Uned Senior e patrocinado polo Concello de Aranga, acaba de publicar un video titulado “Reflelxións sobre a igualdade”. Pareceume moi interesante que os distintos sectores da población de Aranga se manifesten ó respecto e tomen conciencia da situación actual da muller rural galega.

Se mo permiten, como alumna da Uned Senior; eu tamén quixera facer a miña aportación como muller, en solidariedade coas mulleres de Aranga, de Galicia e do mundo enteiro.

En primeiro lugar, direi que non son feminista, nin machista. Son tan só un ser humano, unha persoa que intenta poñer os pés na terra, a cabeza ben alta sobre os ombreiros e a mirada nun futuro prometedor para tódolos humanos.
Son unha muller, pero se fora un home, pensaría o mesmo.
A mente ten xénero femenino, pero é común para ámbolos dous sexos.

Coñezo, aprecio e comparto con persoas da Uned Senior de Aranga e, por suposto, non me vou enfrontar con ninguén, nin quixera que ninguén se sentira ofendido. A miña é tan só unha aportación máis.

Eu observo, neste documetal, catro puntos de vista diferenciados pola
idade e polo sexo dos protagonistas.

Os adultos maiores, en xeral, recoñecen unha supremacía do home sobre a muller, aínda que constatan que a muller veu facendo moitos labores que esixen moita forza física coa mesma eficacia que os homes e que, según eles, a muller debe estar en igualdade de condicións co home.
Incluso hai mulleres que fan gala da súa forza física e das súas experiencias en labores moi pesados.

Outro grupo de mediana idade, principalmente mulleres, puntualizan máis na necesidade de que o home se implique nos labores do fogar. Este colectivo sente a necesidade do apoio masculino neste campo; porque tamén elas colaboran nos traballos agrogandeiros e noutros fóra da casa.

O terceiro grupo, fórmano os mozos, principalmente varóns que maifestan a súa boa intención de querer e tratar con moita delicadeza ás mulleres.
Vénseme á cabeza un adolescente que fai moitos anos me dixo que “había de querer tanto á moza coma ó Neno Xesús”. Confío que así o fixera.

O cuarto grupo é o da a infancia que se manifesta según as vivencias da casa: hai variedade de pareceres. Nótase que a situación non está consolidada.

Pois ben, agora tócame facer as miñas puntualizacións por se serven para aportar algo máis de luz sobre o caso que nos ocupa.

En primeiro lugar quero decir que os seres humanos non somos productos en serie. Non se nos fabrica como se fabrican os coches, os electrodomésticos, o vestido ou o calzado.

Para fabricar cousas, prográmanse unhas máquinas e unhas persoas para que determinada peza saia dunha determinada maneira: tódalas pezas son idénticas.

Os seres humanos somos froito do amor de dúas persoas de diferente sexo que en diferentes momentos emocionais das súas vidas dan lugar, unhas veces voluntaria e outra involuntariamente, a un novo ser que pode ser nena ou neno.

Unha nena é unha muller en potencia. Cada nena é diferente de tódalas demais nenas, incluso das súas propias irmás, se as tivera. Cada nena dá lugar a unha muller diferente, cunhas capacidades diferentes.

Un neno é un home en potencia. Cada neno é diferente de tódolos demais nenos, incluso dos seus irmáns se os tivera. Cada neno dá lugar a un home diferente cunha capacidades peculiares en cada caso.

Resumindo: cada ser humano ten o seu propio ADN, que é o seu verdadeiro DNI.

Chegado o momento de formar unha familia heterosexual (que é o caso que nos ocupa); encóntranse un home coas súas capacidades e unha muller tamén con outras diferentes. Ámbalas dúas persoas se teñen que gaña-lo pan, ben traballando por conta propia, ben por conta allea.
Ámbalas dúas teñen que organizar a vida doméstica onde se come, onde se lava, onde se cociña, onde se educa, onde se ama, onde se rí, onde se chora…etc.

Ese foi o programa que fixeron á hora de unir as súas vidas.

Para gaña-lo pan fóra da casa, no caso de Aranga, sendo unha zona agropecuaria de importancia, predominan os traballadores/as por conta propia na súa explotación; aínda que haxa casos nos que teñan que acudir á escasa industria da zona.

Nas faenas agrícolas vemos homes e mulleres traballando nas leiras, collendo herba nos prados, leña nos montes, etc…

Esto ocorre en Galicia. Da muller galega e máis da vaca galega, fóra a alma e a figura, aprovéitase todo.
Mellor dito: aproveitábase todo.
Hoxe en día as cousas están cambiando para mellor.

Así como ata agora, a muller rural galega era algo así como unha “criada sen soldada” que estaba de garda as 24 horas do día sen respetar nin tan siqueira os seus ciclos menstruais, a xestación, o parto, a lactancia, ou incluso a enfermidade.

Chegou o momento que a Muller de Aranga igual que tódalas mulleres dos países desenrolados, teñen máis que conquistado o seu espazo a nivel persoal, laboral e social.

-A nivel persoal, ten dereito a ser respectada, apreciada e valorada como ser humano que é: tanto na casa como fóra dela.

-A nivel laboral, ten dereito a un traballo para o que estea capacitada en igualdade de condicións laborais, salariais e sociais que o home. A igual traballo, igual salario.

-A nivel social, ten dereito a andar con liberdade e dignidade por ese mundo marabilloso que é patrimonio de todos e todas.

Pertencen ó pasado cousas tan raras como:
-Que a Muller casada tiña que depender do marido para todo.
-Que a Muller non podía alternar na vida social dentro do que é digno para ámbolos dous sexos.
-Que a Muller non tiña acceso á universidade, a dirixir unha empresa, a gobernar un concello, un país…
-Que a Muller non tiña voz e voto tanto no fogar como fóra del.
-Que a muller tiña que ser a escrava do marido, accedendo a tódolos seus antollos e incluso permitindo certos desordes extra-matrimoniais.
-E outras lindezas.

Pero quede ben claro que homes e mulleres somos diferentes. Por algo a naturaza nos manda deste xeito para o mundo. Somos diferentes e grazas a eso, podemos complementarnos. Complementarnos si, pero en igualdade de condicións. Nada de subordinación.

Depende do noso grao de complementariedade que o mundo funcione mellor ou peor.
Se desexámos un mundo feliz para todos é labor de todos e de todas, construílo.
¿E como o construímos?

“DÁNDOLLES EXEMPLO ÓS NOVOS”
Os novos son o futuro.
Pretémoslles atención.

Papás e mamás, por favor:
¡Fagano polo que máis queren!
¡Fágano para que os nenos e nenas teñan un mundo mellor e nós teñamos unha ancianidade máis digna!
XUNTOS, PODEMOS
Estamos no mellor momento.
¡Moito ánimo!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES