Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Problemas de auga

lunes, 02 de mayo de 2005
Xa perdemos a conta das veces que escoitamos dicir que a moeda do futuro, a riqueza do futuro, o gran valor dos tempos do mañán, vai se-la auga, e que as guerras que vexan os nosos netos serán durísimos conflictos armados pola posesión da auga, entón o ben máis preciado.

Máis de media España ten problemas de auga derivados da forte seca deste inverno, que fai que os embalses estean ó vinte por cento da súa capacidade.

En Galicia, se ben non existe problema como tal, este inverno as choivas foron do cincuenta por cento das cantidades habituais, aínda que as últimas augas caídas viñeron paliar o déficit que os labregos notaban coma nas súas propias carnes.

Imos ter que cambiar a nosa mentalidade de habitantes de pais húmido por excelencia, na que o verdor está garantido por principio.

Non porque nestes últimos tempos pareza que o tempo reinante en Galicia é máis seco ca na España seca, senón porque ós galegos nos falta unha axeitada cultura da auga, que nos permita administrar e aforrar.

A nosa cultura tradicional tennos impreso na memoria colectiva, desde os séculos, que a auga é consustancial con Galicia, que temos toda a que necesitamos e moita máis, que poderiamos exportar e trasvasar. E moi poucas institucións ou autoridades se preocupan das infraestructuras da auga con maior visión que a de construcción de embalses para o abastecemento de auga según as necesidades normais de cada concello no río máis perto e caudaloso.

Pero ninguén recicla, ninguén busca solucións alternativas, ninguén investiga pensando nun futuro no que a auga non sexa algo que se nos proporcione sen esforzo.

No resto das Españas, preocupa a auga. En Galicia, só os labregos e a corto prazo según as choivas. Pois imos ter que plantearnos o tema para o futuro, de xeito racional e científico, antes de que o problema nos veña de golpe, do ceo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES