Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Publicidade en galego

miércoles, 19 de diciembre de 2012
Xa non adoito escritir cartas ás SS.MM. os Reis Magos porque, non sei como se amañan, saben perfectamente cales son as cousas que me fan falla, e acertan sempre cos meus gustos. Así que xa non lles escribo –eso que eu son moi dos Reis Magos- porque o sistema hai anos que ven funcionando á perfección.

Pero por se este ano andaban un pouco despistados polo da crise, fíxenlles chegar a mensaxe de que baixo ningún concepto me traian perfumes pola tontería dos máis importantes fabricantes que empregan na televisión idiomas que non entendo e pronunciacións risibles que rexeita o máis fondo da miña sensibilidade. Perfumes que se anuncian “en extranxeiro”, non.

O que é seguro é que os meus Reis – a min de pequeño téñenme chamado garimosamente “meu rei” – saben que o me gosta recibir son as mensaxes en galego que envolven produtos galegos. Mensaxes no galego natural, no galego “de cortello” que din que dixo nun debate Victorino Núñez, acusando a un deputado no Parlamento de falarlle nun galego “de granxa”.

E súmome á campaña do Foro Enrique Peinador e a Irmandade Galega de Adegueiros de “envolver” en galego os productos de Galicia, de “Consumosgustos etiquetados en galego”, para non chamarse a engaño.

Que anuncien no idioma que queiran eses productos do exterior que queren que nos parezan tan “finos”. Para finos, nós, e o noso idioma é tan fino coma calquera dos outros. Que digo?... Moito máis!, que o propio sempre é máis digno e mellor. Os perfumes, en francés, para Francia. Os produtos galegos, tamén os perfumes, en galego, para nós. Agora e sempre.

Que tomen nota todos os Reis Magos que no mundo somos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES