Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Belén de pan e paz

lunes, 17 de diciembre de 2012
Como se a estrela do Belén as trouxera, chéganos a ternura e a solidaridade polo Nadal. Parece que no resto do ano esquéncennos isas fermosas virtudes e vivimos alleos a canta desgracia nos rodea. Non vou a botar mau da crisis ou da prima de De Guindos, porque son tempos de desgracia colectiva e de doores moi serios para aqueles que o sufren, aínda que nós vaiamos zafando.

Vou a falar da necesidade que temos de evitar parvadas e trapalladas valeiras de senso, e recordadar que na vida o esencial e o pan e a auga, un burato onde vivir e un traballo, aínda que sexa precario, onde gañar o preciso para mercar ise pan. Máis, honxendía, as rúas están preñadas de famentos e desfarrapados, de persoas coma nós que durmen con sorte nun recuncho do caixeiro automático.

Só as ialmas cegas non ven a quen se fai un bocata de mortadela e bebe un grolo de auga namentras nós, os ricos, mercamos mil e unha parvada innecesaria e gastamo-los cartos que nos sobran, aínda que digamo-lo contario. Non, non somos solidarios porque aínda non nos atrevemos a rompe-las cadeas da sociedade na que vivimos, e así non somos capaces de dar pousada ó necesitado e moito menos os medios necesarios para que poida voar pola súa conta. Sempre encontramos xustificacións pra o noso egoismo: que iso é labor do Estado, que para iso están os curas…

Niste contexto, atopámonos que España non está tan mal como di a crise. Acó hai moitos cartos, e senón que llo pregunten a cantidade de golfos que pululan pola pel de touro. Milleiros de millóns de euros fuxen pra Suiza ou outros paraísos fiscais nas alforxas das grandes fortunas e grandes empresarios. Famosos de todo tipo que, desde a política ata a canción, agochan o que deberan pagar a Facenda, namentaras unha morea de miméticos parvos babea por buscar-lo seu autógrafo coma se éste valera para algo.

É diñeiro moi necesario no País pra mellora-las condicións de vida da ciudadanía e que ben poidera colaborar para evita-la deseperación da xente que, desahuciada, se suicida. E diñeiro que ben podía servir para amaña-la fame dos nenos que xa non poden disfruta-lo comedor escolar. É diñeiro que poidera arranchar os novos portais de Belén que son as chabolas. E diñeiro que, ben invertido, poidera amaña-lo paro, senón todo, parcialmente. É dineiro que necesitan a sanidade e o ensino, e con iles o I +D, pra desenrolar o País, e a máis, evita-la emigración da nosa xuventude que, na procura duns lares onde seren mellor acollidos, escachan o cor abandoando ós pais.E diñeiro que remata nuns bancos, onte ricos e hoxe pobres, que ninguén coñoce o camiño no que se perdeu. É diñeiro que tamén roubaron moitos directivos, que nos son presentados como parvos, e que se enriqueceron inpunemente vendendo preferentes e outras argalladas…

E así unha morea de indecentes que atoparemos bicando ó Neno das pallas nistas datas.

Gostaríame ve-la cara do Neno, non sería extrano que chorara.
A mín, que xa non sei onde meterme vivindo con esta tropa, só me queda sentir noxo do País e,sobre todo,darme pena.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES