Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rábade e o tren

viernes, 07 de diciembre de 2012
Estes últimos días temos actividade diversa en Begonte e en Rábade. En Begonte, co Belén Electrónico e en Rábade co tren. En tempos, eran o mesmo concello.

O tren foi o tempo a salvación de vellos pobos, chegando o descreído Curros a consideralo o Cristo dos tempos modernos. E Rábade fíxose pobo gracias ao cruce de estradas e á estación do tren, constituíndose o centro dunha comarca na que Vilalba quedaba plenamente incluída, e mesmo Vilalba quixo ter estación propia nunha liña de tren cara á costa, pero nunca puido ser. E as estacións de tren de Vilalba foron dúas: Rábade e Baamonde, unidas as dúas por estrada coa nosa vila. E Rábade consegue ser concello, unha vez que se independiza do concello de Begonte. Que Begonte tiña tamén estación, pero Rábade gañou a partida.

Os tempos pasan, as vellas estradas asfáltanse, fanse máis anchas, enderéitanse, constrúense autovías e autoestradas, e millóns de automovilistas escollen o xeito preferente de viaxar, esmorece o tren, e o que antes foi elemento de progreso convértese nunha rémora para o progreso dos pobos.

En Lugo o barrio da estación quedou anquilosado desde hai medio século. En Rábade, o pobo está partido en dous por unha vía férrea que hoxe non aporta case nada a un pobo que segue a ser cruce de camiños, especialmente por contar cunha saída directa da autovía entre Lugo e A Coruña. Da Estación de Begonte, xa non falemos, por case inexistente.

Para atravesar Rábade, hai que dar voltas importantes, optándose polo camiño máis directo de cruzar pola vía, co conseguinte perigo para os peatóns. Por iso, a Administración de Infraestructuras Ferroviarias anda a establecer altas verxas que pechen a vía ós viandantes, e os rabadenses téñense declarado en pé de guerra para que a partición existente non se faga moito máis ostensible e problemática. Hai, si, unha pasarela elevada, pero é vella, difícil de utilizar polos maiores, imposible para quen precise rodas ou muletas. E os rabadenses queren mellor solución para o cruce entre os dous Rábades que a vía divide que unha valla de separación.

Así están as cousas. En tempos, suspirábamos polo tren. Agora, o tren é un estorbo. Poucs cousas chegan a Rábade en tren. En tanto, a Begonte seguen chegando os visitantes do Belén, exclusivamente por estrada. E mesmo os Reis Magos, que noutros lugares chegan en tren, a Begonte viñan chegando estes anos en carros de bois do país. Polo visto, nunca van chegar en tren. E menos con valla.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES