Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Visita á Casa da Troya

viernes, 07 de diciembre de 2012
Visita  Casa da Troya O catro de decembro, os alumnos da Uned Senior de Xestoso viaxamos a Santiago de Compostela, para visitar o Museo das Peregrinacións e de Santiago, a Casa do Cabildo e a Casa da Troya. Antes de iniciar as diferentes visitas guiadas, demos un paseo por unha parte do casco histórico(Patrimonio da Humanidade desde 1.985), co noso profesor, que, hoxe, foi D. Xes López Oteyza. Baixamos pola rúa da Algalia de Arriba, Praza de Cervantes, rúa do Preguntoiro, ata a Praza de Mazarelos, perto da facultade de Xeografía e Historia, un edificio historicista, do século XIX, que recrea movementos arquitectónicos anteriores.

Máis tarde, dirixímonos á Praza das Praterías para visitar as novas instalacións(as anteriores están na coñecida como Casa Gótica, que foi creado en 1.951, e abriu as súas portas ao público de forma permanente en 1.996) do Museo das Peregrinacións e de Santiago, situado no antigo Banco de España, edificio de 1.950, de Romualdo de Madariaga. Aquí, diante dunha maqueta da catedral, a gran escala, construída en PVC, un guía explicounos, pormenorizadamente, as orixes da cidade de Santiago, desde cando Paio, o eremita, mandado por Teodomiro, bispo de Iria Flavia, descubriu os restos do Apóstolo Santiago e dos seus discípulos Teodoro e Atanasio. Como no ano 820 se amuralla a zona do sepulcro. E no 996, Almanzor destrúe a cidade de Santiago, e só respecta a zona do sepulcro.
No 1.075, iniciase a catedral románica, construída onde xa existía unha igrexa paleocristiana, e remátase no 1.211. No século XII, a muralla, xa máis exterior, medía dous kilómetros.

Logo, recorremos as diferentes plantas do Museo, contemplando varios planos da cidade de Santiago, a través do tempo e ata os nosos días.

Varios aparatos de novas tecnoloxías, cun xogo recreado, no que se vive na persoa dun peregrino. Exposicións de fotos, montadas nun vídeo, do Camiño de Santiago desde diferentes partes do mundo. A temática deste museo abrangue a peregrinación como fenómeno universal, e a evolución da cidade de Compostela como meta de peregrinación.

O arquitecto Gallego Jorreto, medalla de ouro de arquitectura do 2.010, foi a persoa encargada de remodelar o edificio do antigo Banco de España para o actual Museo das Peregrinacións. Durante a visita, puidemos contemplar, na última planta, a través dunha gran vidreira, a Torre do Reloxo ou Berenguela.

Visita á Casa da TroyaA continuación, visitamos a Casa do Cabildo, edificio-fachada, tamén na Praza das Praterías, enfronte da catedral. Empezouse a construir en 1.754 e rematouse en 1.758. É un edificio barroco de placas, típico compostelán, igual que Santa Clara. Dálle carácter de teatro á Praza das Praterías. Só mide dous metros setenta de fondo. Actualmente, reconstruiuse todo o interior(só se conservan as escaleiras) con materiais moi sinxelos e sostibles, con ventás, no interior, que semellan unha cámara fotográfica. Posúe unhas enormes gárgolas, de 900 kilos, dun bloque único, de granito. Aquí vimos unha exposición de placas antigas das rúas de Santiago, varias fotos que explican a historia da cidade, etc.

Por último, visitamos a Casa da Troya, antiga pensión de estudantes, desde 1.876 a 1.906, na que se inspirou Pérez Lugín para escribir a novela do mesmo nome, e que serviu de tema a algunha película. A historia trata da vida universitaria de pillerías e novatadas, especialmente personificada na dun estudante madrileño, Gerardo Roquer,. Logo, albergou vivendas unifamiliares ata os anos sesenta, época na que, a través dun programa de radio, fíxose unha subscrición popular e adquiriuse a Casa da Troya.

Posteriormente, comprouna o Concello de Santiago.Máis tarde, grazas a D. Benigno Amor, reconstruese o edificio(1.980) con materiais novos; só se conserva a escaleira que baixa ao sótano, e a lareira da cociña, na última planta. Aínda que os mobles non son orixinais, son da época, algúns doados pola familia de D. Jacobo Gil Villanueva, rector da universidade naqueles tempos.

Pola Casa da Troya pasaron persoeiros moi famosos, como D. Manuel Casás, D. Javier Puig, etc. O Museo da Casa da Troya foi inaugurado en 1.993 e réxeo un patronato formado polo reitor da universidade, o alcalde de Santiago, o conselleiro de Cultura e o presidente da Asociación de Antigos Tunos, persoa que nos amosou as diferentes dependencias e obxectos que alí se gardan.

Como sempre, foi unha viaxe de luxo.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES