Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novo goberno

miércoles, 05 de diciembre de 2012
Novo goberno en Galicia, confirmación prácticamente total do goberno anterior. Vese que o Presidente Feijóo ten as ideas claras.

Cando un período de goberno vai avanzando existe a sensación, máis nos políticos que na xente do común, de que os membros do goberno van consumindo os seus activos e que se o Presidente non fai cambios é por non recoñecer que se ten equivocado, sendo un tempo coma este a ocasión perfecta para recomenzar, enderezar rumbos e camiñar de xeito diferente a partir dun momento en que todo na práctica está permitido.

E sen embargo o novo Presidente Feijóo (o mesmo Presidente Feijóo) ascende ao seu xa primeiro conselleiro e confirma a todos os demais agás ao que ten que ser o puntal económico deste novo tempo, que patroneará a Consellería de Economía e Industria como ata agora colaboraba co presidente en abrir vieiros e suprimir fronteiras para a nosa industria.

Difícil tempo que comezamos cun goberno xa veterano que sabe con que problemas vai enfrontarse e cales son as metas a conseguir. De que acerte, depende o noso porvir durante estes próximos catro anos nos que agardamos por fin ver a luz da bonanza económica, chámenselle “brotes verde” ou simplemente traballo e tranquilidade. Ogallá acerten!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES