Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A paga do Nadal

martes, 04 de diciembre de 2012
O tema da paga do Nadal deste ano para os empregados públicos é un asunto pechado, ou debe selo se o goberno central pretende ser tomado en serio. Acordado o tema, sendo de obrigado cumprimento, non poden aceptarse excepcións nin aplicare subterfuxios para esquivar o cumprimento do disposto. Pode ser discutible o acordo, que sempre o é en materia de rebaixa de dereitos adquiridos, pero o que ten que estar moi claro é que se é para algúns, debe selo para todos.

Non é de recibo que determinadas comunidades autónomas se declaren insubmisas na práctica, entendendo que os seus funcionarios non deben sufrir esa agresión económica. Nin que determinados concellos se consideren excepcións á regla xeral, xa que ou todos ou ningún.

De modo que esa acción de empregados públicos da Xunta de Galicia recollendo sinaturas para que se lles aboe a paga extra do Nadal non parece ter moitas posibilidades de éxito. E de pouco vale que Galicia sexa unha das comunidades onde mellor está funcionando o tema do déficit público. Esta é unha decisión que se tomou para todos os funcionarios e Galicia non pode ser unha excepción.

Séguese o exemplo de Extremadura, Navarra e o País Vasco onde parece que o tema da paga da extra pode prosperar, pedindo que Galicia se sume ás comunidades onde non se vai cumprir a normativa gubernamental.

O dito: ou todos ou ningún. Calquera excepción sería unha desfeita.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES