Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cáritas e os galegos sen fogar

jueves, 29 de noviembre de 2012
Cun só galego que non teña un fogar no que gorecerse, xa é unha traxedia. Pois Cáritas considera que son arredor de 4.500 os galegos que non teñen un refuxio ao que acudir cando o día remata; 4.500 traxedias personais, cifra que aumenta se consideramos que moitos deles poden ter cargas familiares que sofren o mesmo problema.

A maldita crise que a tantas persoas e tantos ámbitos afecta, tamén se ten cebado de xeito verdadeiramente cruel con estas persoas que non teñen fogar de seu, que se ven abocados a dormir en caixeiros de entidades bancarias, en bancos ao aire libre, en recunchos urbanos... na miseria máis absoluta.

Cáritas entendiamolo en tempos como o medio do que a Igrexa se servía para a atención dos casos máis ostensibles de pobreza suburbial, marxinal, minoritaria. Era como un apéndice da organización eclesial para remediar pequenos problemas de alimentación, de pago de recibos, de axuda para alugueres. Pero agora, que os tempos difíciles son chegados, Cáritas vese desbordada polas necesidades que contempla, e os donativos que recibe – algúns multimillonarios- axudan pero non chegan para remediar tantas carencias, urxentes, sangrantes, profundamente doorosas.

As cifras son só o termómetro da situación, elementos nos que fixarnos para darnos conta do que está acontecendo no noso contorno. A cifra de 4.500 galegos sen fogar, obrigados a unha eterna peregrinaxe de banco en banco, de esquina en esquina, debe ser unha badalada para todos. Especialmente para os que poidamos facer algo para remediar esta inxusta situación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES