Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que lea...!: A partícula de Deus

lunes, 26 de noviembre de 2012
En traballos de física, metafísica, e, incluso, teoloxía, con moi diversas orientacións, adoitan saír importantes artigos acerca do bosón de Higgs.

Naturalmente, nestes traballos vaise máis aló da ciencia e isto non deixa de ser interesante, polo menos, na leira do filosófico e relixioso. Por suposto, non é fácil entender algúns razoamentos e non vou ser eu, coas miñas importantes insuficiencias neste terreo, o que os aclare; pero iso si, expoñerlles o que penso que saquei en limpo intentarei facelo.

Empecemos aclarando, dentro do posible, que o descubrimento do bosón de Higgs non ten por que ser un duro golpe para a relixión, como opinan algúns, pero tampouco ten que levantar euforias nos crentes: esta partícula, dende a ciencia, eu diría, racionalmente, non afecta para nada a relixión, nin positiva nin negativamente. Induce, sen dúbida, a error o feito de que se lle chame a “partícula de Deus”; pero isto ten a súa historia. Todo ven do título dunha obra de Leo Lederman, físico norteamericano, Premio Nobel de Física, compartido con outros, en 1.988, concedido polo seu traballo sobre a estrutura e dinámica da materia. É autor da obra titulada THE GOD PARTICLE, publicada en España en Ed. Crítica, Barcelona, en 2.007, co título de PARTÍCULA DIVINA, aínda que, literalmente, sería “La partícula de Dios”. Parece que o que buscou Lederman foi, con retórica, resaltar a importancia do bosón de Higgs, algo así como si dixéramos, “este pescado é divino”, para dar a entender que está saboroso ou que é de calidade suprema. Certamente, este título non gustou os científicos e embarullou ós teólogos.

Pero... en que consiste esa partícula, se é que na linguaxe case coloquial pode dicirse algo dela?.

Hoxe todo o mundo sabe que a realidade material consta de átomos, e que estes, a súa vez, xa non se consideran indivisibles: están constituídos de partículas, que, unhas, forman o núcleo, con carga eléctrica positiva, que representa o 99% da masa total do átomo e está formado de protóns (con carga positiva) e neutróns (sen carga), e coñécense ambos polo nome de “nucleóns”; outras, os electróns (con carga eléctrica negativa) xiran arredor do núcleo, movéndose con máis o menos rapidez, e a medida desta coñécese coa denominación de “momento angular”, que popularizouse co nome de SPIN. Pero estes elementos non son tampouco simples e indivisibles, hai moitas outras partículas, agrupadas en familias. Non obstante, quedémonos con esta idea, porque o bosón, por exemplo, é unha partícula de spín expresado con un número enteiro, en oposición aos barións, que se expresan en números fraccionarios.

Pasando por alto case todo, lembremos o denominado CAMPO DE HIGGS, que é unha especie de bacío (que non está bacío, senón ocupado por bosóns), o que nos fai recordar aquel éter que ocupaba todo. Segundo nos din os físicos, vaiamos onde vaiamos no Universo sempre nos encontraremos co “campo de Higgs”. O Universo no que vivimos ten dúas clases de constituíntes: Os que se manifestan como materia (electróns e quarks -constituíntes dos nucleóns-, por exemplo) e outras partículas que se manifestan como forza, tal é o caso, por exemplo, da forza electromagnética que se transmite por medio dos fotóns, que son partículas de luz. E fíxense no seguinte: Se metemos nun recipiente electróns ou quarks, chegará un momento que xa non caben máis; pero se metemos as partículas que se manifestan coma forza (fotón, por exemplo), cantas máis metamos, máis caben, porque non enchen o continente.

En todo caso, non hai bacío absoluto: hai algunha “realidade”, que se estende por todo o Universo, e se somos capaces de axitar esa “sutil realidade”, entón as vibracións aparecen nese campo, que non son outra cousa que partículas. Pois ben, O BOSÓN DE HIGGS, é unha partícula que corresponde a ese bacío, de igual xeito que o é o fotón nun campo electromagnético. O éxito, tan prudentemente exposto polos científicos que participaron nos experimentos e con tanta euforia despachada polos alleos, está en que hai abondo razóns para pensar que esa partícula foi encontrada.

Se fixeron ben o camiño ata aquí, amigos lectores, temos algunha idea básica que nós permite comprender cal é o impacto do achado da famosa “partícula divina” na metafísica e na relixión. Aquí sigo da man do catedrático da Universidade de Comillas, en Madrid, Xavier Monserrat, xesuíta, nun traballo recente, publicado na revista electrónica TENDENCIAS 21, no que afirma: “No puede descartarse que esta imagen del universo en la ciencia implicara por ella misma una imagen metafísica última, bien en el sentido teísta o en el ateísta”. Isto ocorrería se a ciencia chegara a dar unha “explicación última de todo”, aínda que non implicaría necesariamente ateísmo”. E non descarta o Dr. Monserrat que non haxa momentos na ciencia que induzan o ateísmo, e outros o teísmo. “Esto -di- ha pasado en los últimos años”.

O modelo estándar do universo de Higgs “asume con nova forza a visión unitaria da materia que constitúe o universo; materia unitaria que se manifesta como bosónica e como fermiónica, pero sempre dentro dunha profunda unidade ontolóxica”. “Bosónica”, por relación aos bosóns, e “fermiónica”, referente, claro está, ós fermións.

Con perspectiva metafísica, este ilustre catedrático se pregunta a que tipo de metafísica conduce o modelo estándar microfísico e macrofísico, derivados do campo/bosón de Higgs.

Pensa que aínda non se poden obter conclusións que permitan elixir entre teísmo ou ateísmo; que “ese fondo campal do universo puidera estar en relación cunha especie de metauniverso no que foran aparecendo infinitos universos paralelos”, e entón podía explicarse o noso universo como antrópico (con propiedades que fixeron posible a vida e ó home); que a visión do universo como un todo (visión holística) fai máis verosímil unha especulación filosófica do teísmo, sen excluír a ateísta; que os estados cuánticos presentan propiedades similares as psíquicas e, por tanto, os trazos sorprendentes do mundo psíquico poden ser posibles polo soporte físico daqueles estados; que o descubrimento do campo / bosón de Higgs experimentalmente “non supón un coñecemento metafísico inmediato, xa que se trata de algo puramente físico”, pero todo o que vaia aparecendo como un coñecemento físico certo non pode menos que influír na filosofía e na metafísica, aínda que dentro dos razoamentos destas disciplinas, e que aínda quedan unha serie de preguntas sen resposta, porque o camiño sen andar é moito, e unha delas puidera ser por que as leis da natureza son como son. Segundo parece, por agora, a ciencia está aberta a unha metafísica teísta ou ateísta. Polo tanto, os exabruptos dos non crentes ou as precipitadas euforias dos crentes están fora de lugar. Segan, pois, os científicos a súa labor de racionalización e os filósofos e teólogos a súa con razoamentos.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES