Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Transición

jueves, 22 de noviembre de 2012
España viviu unha transición que sabemos cando se iniciou – novembro de 1975- pero non estamos certos de cando foi o seu remate: se cando o Partido Socialista Obrero Español gañou as súas primeiras eleccións xerais, ou cando o Partido Popular acadou o goberno, no momento en que a España (Guerra dixit) non a recoñecería nin a súa mesma nai.

Esa foi a primeira transición, a gran transición. O paso dunha dictadura a unha democracia, con todas as tachas que se queiran, pero democracia ao fin, que serviu de exemplo no seu momento aínda que agora nos pareza que hai que dar máis pasos adiante no camiño da democracia.

O Partido Popular vivíu tamén unha longa transición, que se deu en chamar “travesía do deserto”, ata encontrar un lugar baixo este sol, para poder competir por lograr gobernar o Estado.

Esa transición tócalle agora ao Partido Socialista, que debe recomponer os seus cadros, recuperar as forzas, repoñerse en fin para competir en todas as lides que se lle vaian presentando. A recomposición de cadros debe facela a escala nacional, estabilizando o seu cadro directivo sen fisuras nen dúbidas, e polo que a Galicia se refire dun xeito especial que mesmo nas últimas eleccións – as autonómicas- evidenciou a necesidade de líderes fortes, ilusión colectiva así como liberarse das rémoras que supoñen os procesos nos que algúns dos seus líderes se ven inmersos.

Nesa transición parece estar, sendo á vez travesía do deserto. Ninguén mellor que o PSOE sabe a necedidade e a urxencia de poñerse a andar. Agardemos, polo ben de todos, que o consigan axiña.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES