Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non gañamos para sustos

miércoles, 21 de noviembre de 2012
Hai pouco máis dun mes, os coruñeses recibiron un tremendo susto cando despois dunha explosión na Refinería, na zona onde os productos pesados se converten en hidrocarburos lixeiros, unha gran columna de fume puido ser vista desde toda a cidade causando a xeneral alarma.

Porque os coruñeses, á mesma beira do mar, temen os perigos que do mar poidan vir, e aínda non quedan tan lonxanas as tremendas consecuencias que para aquela costa, a cidade e todos os veciños tiveron os naufraxios, especialmente de petroleiros, que circulando polas inmediacións ou entrando no porto causaron tan tremendas catástrofes, quedando entreles na memoria como máis espectaculares a do Urquiola, e especialmente do Cason.

Pasan os anos e o resto dos galegos van esquecendo na memoria aqueles feitos que levaron o desasosego e a preocupación ao corazón dos coruñeses. E cada vez que unha columna de fume se alza no horizonte perciben un perigo potencial e prepáranse para a posible traxedia.

O da Refinería só foi un susto, e os mesmos equipos de extinción de incendios da propia factoría solucionaron rapidamente o problema. Pero a preocupación non lle la quita ninguén aos coruñeses con memoria, polo que poida pasar.

Non gañamos para sustos na actualidade diaria. Por esta vez, polo menos, non pasou nada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES