Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cemar

miércoles, 21 de noviembre de 2012
Golpe a golpe, empresa a empresa, Ere a Ere, imos dando de baixa na nómina dos empregadores das terras lucenses nomes outrora sonoros que marcaron horas brillantes de tempos de euforia onde todo parecía posible e todos eramos novos, emprendedores, invencibles.

Antes as empresas eran noticia porque abrían novos establecementos, emprendían accións dentro ou fóra da cidade, do país. E porque aumentaban exponencialmente o número dos seus empregados. En Lugo, Cemar, era sinónimo de triunfo empresarial dunha iniciativa familiar.

Eu tomei café con Cesáreo e María, e as súas fillas, naquel inmenso Cemar das Arieiras, onde o espíritu emprendedor era invencible, tendo como punto de partida o modesto ultramarinos das Casas Sindicais, onde naceu un imperio. Agora, ten un rótulo de Coviram.

Cheguei alí no nome de Televisión Lugo, cando aquela nosa casa empezaba, enfrontada a todos os ventos, e alí acolléuseme como da familia, quizais porque alí sabían moi ben o que era loitar coa vista posta no alto.
Comentáronme con orgullo que todos os comercios se montaban en locales propiedade da empresa, co que a firmeza da iniciativa quedaba acreditada.

E chegou a haber máis de tres ducias de Cemar pola provincia adiante, e non sei cantos na capital.

Pero estamos no outono. E caen algo máis que follas. E pasei por diante do Cemar que estaba na zona da Estación, e agora leva un rótulo con nome diferente: Coviram.

Un día que me sinta rezador, direi unha oración por Cesáreo, o de Cemar, traballador e emprendedor.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES