Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Designacións

martes, 20 de noviembre de 2012
Cando se trata de elixir a unha persoa para desempeñar un posto de responsabilidade, sexa cal fose o sistema, estáselle cedendo por parte de cada un dos que interveñen nesa designación unha parte dos seus dereitos, someténdose ás súas posteriores decisións, precisamente por ter recibido esa dignidade e esa confianza.

En política, uns partidos elixen os seus candidatos en primarias, outros escólleos un comité electoral, e outros – cada quen que pense no partido que sexa – son designados por decisión persoal de quen ten poder para facelo.

Na Igrexa Católica fai falla que se reúna en conclave o conxunto dos cardenais existentes en todo o mundo, nomeados polo Papa, para que eles designen – á morte do que goberna- o seu sucesor.

En principio, calquera sistema é bo se os que elixen o fan en conciencia, escollen o mellor, teñen onde escoller e o elixido –ou a elixida- obra según o seu recto saber e entender. Pero non deixa de chamar a atención o seguido pola Igrexa Copta de Exipto, que ven de escoller o seu Papa utilizando para a elección unha man inocente. E entre os tres candidatos a dirixir ou presidir esta Igrexa, un neno escolleu ao bispo Tauadros que xa é novo Papa.

Ao mellor non está tan mal pensado se o neno non está aleccionado previamente. E dese xeito, trasladado aquí o sistema, evitaríamonos moitos gastos, moitos disgustos e loitas sen fin. Non está mal. A fin de contas, cando votamos, facémolo como nenos grandes en base aos nosos gustos, aos nosos desexos, ás nosas conviccións, aos nosos intereses. Un neno sempre sería máis imparcial.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES