Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Querida infancia

martes, 20 de noviembre de 2012
A Uned Senior de Xestoso, integrada por alumnos de Paderne, Monfero, Guitiriz, Aranga, Xermade e contorno, está profundamente conmovida polas noticias que se veñen producindo con relación ó maltrato que se ven facendo á infancia desde diferentes ángulos.

¡Parece mentira!.

Parece mentira que se lle poida facer mal a un neno. Parece mentira, porque:

O nacemento dun neno é o milagre da vida, é o acto máis sublime que se produce no ser humano, é un bocado de nós mesmos, é a esencia de todo o progreso humano, é a alma do mundo, é a prolongación da propia enerxía divina, é algo divino…

Pero cando empeza a súa andaina neste mundo encóntrase cunha morea de obstáculos, uns naturais como a vida mesma e outros provocados polo propio ser humano.

A Uned Senior quere facer fincapé nestes últimos. Digo últimos que non derradeiros porque desgraciadamente sabemos que con este escrito nos os imos a erradicar. Non os imos a erradicar pero seguro que algún lector mellora a súa sensibilidade cara a infancia e seguro que algo se logrará.

Que se logre máis ou menos xa non depende de nós como Uned Senior. O que si depende de nós e denunciar ante a sociedade e ante quen corresponda que o maltratar á infancia equivale ó propio suicidio do ser humano, equivale ó suicidio dunha boa parte da humanidade.

Un ser humano que nace hoxe é un adulto de mañá, é o médico que vai tratar as nosa enfermidades, é o Mestre que vai moldear moitas almas no mundo, é o albanel que vai construír e remodelar as nosas casas, é o carpinteiro que vai facer os nosos mobles, é o electricista que se vai encargar da iluminación das nosas vivendas, é o fontaneiro que nos poñerá a auga na casa, é o que construirá os nosos automóbiles, os nosos avións, os nosos barcos, é o enfermeiro que curará as nosas feridas, é o fillo que nos coidará na nosa enfermidade, é o cura que bautizará ós crentes e nos conducirá ata a derradeira viaxe cara á casa do Pai…

O ser humano é o noso compañeiro de por vida, o ser humano somos nós mesmos.

¿Cómo se entende que o propio ser humano se maltrate a si mesmo?
¿Cómo pode ser que o propio ser humano maltrate ós máis delicados e indefensos?

A unha mente normal cunha conciencia normal non lle caben na cabeza este tipo de atrocidades.

Pero a realidade dinos que existen. Existen lonxe de nós e tamén cerca, moi cerca.

Ó meu modesto entender a raíz destes males está na propia educación ou mala educación de certas mentes corrompidas nuns casos e moi equivocadas notros.

¿Cómo é posible que a un pai e a unha nai se lle escapen do control os seus pupilos? Pois é posible en moitos casos. As causa poden ser variadas:
Está claro que tódolos pais procuran –polo menos a nivel subxectivo- o mellor para os seus fillos; pero non sempre o fan racionalmente.

Moitas veces o factor emocional pesa máis que o racional e –sen decatarse- van conducindo ós seus fillos por un camiño erróneo e, cando se dan conta, xa se lles escaparon das mans. Laméntase pero xa é tarde… ¡Que os ature o mundo!

Outros alegan que teñen que traballar moitas horas e non lles queda tempo para dedicarlle ós nenos. Craso erro, indisculpable: un fillo necesita o seu tempo. Se non pode ser máis, pode ser menos, pero ben dosificado fai a mesma función.

Outros que son os avós os que os botan a perder. Neste caso convén puntualizar que cadaquén ten a súa función: para educar estamos todos pero en primeiro lugar os pais. Xa sei que ser avó é ser pai dúas veces, pero a misión dos avós non está en entrometerse nas responsabilidades dos pais. Todo o contrario.

Outros encargan a educación dos fillos á asistente barata que hoxe en día abunda en tódalas casas; a televisión. Outro erro maiúsculo. A tele neste momento ofrece moi poucas programacións que merezan o calificativo de “educativas”, máis ben todo o contrario.

A tele debería estar moi ben dosificada nos nosos fogares porque –desafortunadamente o que se ve pouco ou nada educa, máis ben induce á violencia cando non ó consumismo e ó vicio.

Tamén hai moitas familias desestructuradas nas que os nenos son a víctimas dos seus erros e teñen dificultade para saír adiante polo camiño adecuado.

Hai outras que loitan con tódalas súas forzas contra vento e marea neste mundo tan turbulento e –aínda así- comproban como nos son elas soas as que inciden na educación dos seus fillos. Incide a tele, a sociedade e tamén os poderes públicos. Os poderes públicos tamén deben de enfrontarse con problemas que non poden ou non saben, ou non lle “convén” controlar.

A realidade é que esa criatura que celebramos tanto no momento da súa chegada ó mundo, encóntrase moitas veces desprotexida precisamente por quen máis a debía protexer.

Unha semente cando se encontra nunha terra ben aboada e ben osixenada, enseguida sae a flote e dá bos froitos a quen a plantou e se encargou de sachala, abonala, regala, mimala etc.

Unha semente que cae ne terra dura, sen sachar, sen regar, sen aboar, sen mimar… ten moitas probabilidades de quedarse raquítica ou perecer ante calquera que -consciente ou inconscientemente-, a pisotee ou lle meta o fouciño…

O mundo co que se encontran os nosos nenos é o mesmo mundo que fomos construíndo e que construimos tódolos días os seus predecesores: a familia, os mestres, as autoridades…Todos.

Todos temos unha responsabilidade enorme en crear un bo ambiente para os que veñen detrás. Os que nos precederon ofrecéronnos o mellor que tiñan e nós temos a sagrada obriga de ofrecer ós que veñen detrás un mundo moito mellor se sabemos aproveitar o progreso no campo da ciencia, da educación e da técnica que nos brinda este momento da historia.

Pero…¡Atención! ¡Atención! Non esquecemos que existen uns “VALORES” que deben ser o motor da nosa vida.

¿Por qué tendo tantos avances na ciencia temos tantos fracasos na educación?

A explicación está ben clara: OS VALORES ANTE TODO.
¡Que non nos falten! Se alguén os perdeu que os recupere inmediatamente:
-Esforzo, traballo duro e sacrificio para loitar por un porvir prometedor.
-Paciencia e comprensión entre os que nos rodean.
-Pais que saiban ocupar o lugar de pais. Un pai non é un amguete. Se o pai se converte en amiguete, o fillo queda orfo. Unha nai é unha nai: a chave, a administradora e a alma do fogar.
-Avós que saiban ocupar o seu lugar: os netos non se compran con regalos nin consentíndolles nin entrometéndose no labor dos pais nin no dos mestres.
-Mestres que non se cansen de loitar contra vento e marea porque a súa misión é insustituible. Do seu labor depende que teñamos bos médicos, bos curas, bos mestres, bos profesionais respnsables en tódalas ramas da vida.
Un MESTRÉ É UN MESTRE e punto.
No lugar do Mestre non se teñen que poñer os pais, eles xa teñen abondo
que facer na casa.
-Amabilidade, agradecemento, boas formas e un sorriso axudan a levar mellor a vida de cada día.
-RESPONSABILIDADE.
- RESPONSABILIDADE e máis RESPONSABILIDADE. Teñamos sempre en conta que todo canto facemos ten unhas consecuencias. Se queremos un mundo mellor, hai que loitar por el. Entre todos podémolo construír.

Está claro que neste mundo hai persoas sen escrúpulos que por non ter non
teñen nin consideración da infancia.
Úsana como carne de cañón…
¡Qué vergonza!
¡Que desconsideración!
¡Que mente máis corrupta teñen esas persoas!

Desde a Uned Senior de Xestoso pedimos:
-Ás autoridades políticas que non baixen a garda en perseguir a esas persoas e chamalas á orde.
-As familias e ás autoridades académicas para que exerzan con entusiasmo o seu labor de forxar almas con mente e conciencia sas.
-Ás autoridades eclesiásticas para que retomen medidas encamiñadas a motivar con maior intensidade a inclusión da infancia e a xuventude na vida da Igrexa, acomodándose ós tempos que nos toca vivir, lembrando as palabra do MESTRE ”Deixade que os nenos se acerquen a min”.
-Ó clero para que se acomode non só ós adultos, senón tamén á mentalidade infantil dándo ás misas un maior grao de participación, na que todo o Pobo de Deus –incluidos os nenos- se sintan partícipes activos.
-Ás familias que inculquen nos seus fillos o amor á vida digna, dándolles bo exemplo –ó prezo que sexa- na súa difícil, pero posible labor de pais.

Desde a Uned Senior de Xestoso estamos convencidos de que todos xuntos podemos. Só temos que retomar novos camiños, novas mentalidades, novos retos… que conduzan a nosa infancia a un mundo feliz para todos, incluidos nós mesmos.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES