Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O escudo

lunes, 19 de noviembre de 2012
Cae a pedra sobre o penedo e a marca deixa un risco de soidade e silencio. En dúas tardes os riscos foron collendo forma ata que completaron o debuxo dunha afección infantil. Nas tardes de verán. Nas tardes de soidade e silencio. E a pesar dos ladridos do can. E a pesar da compaña de tres vacas e un burro.

Pola noitiña deixou de caer a pedra sobre o penedo e alí quedou, con rúbrica incluída, o escudo no que unha memoria infantil se exercitaba a todas as horas.

Hai afeccións que marcan. Como marcou a pedra sobre o penedo. Aínda que agora os pensamentos son outros, os riscos seguen a novelar un tempo no que a inocencia brincaba polo monte de Barricobos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES