Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Valoracións

viernes, 16 de noviembre de 2012
Periodicamente, efectúanse consultas oficiais ou privadas para coñecer a opinión dos cidadáns sobre determinados asuntos, sendo a do CIS a máis coñecida e tamén a máis valorada a pesar de que sexa un organismo oficial e nalgún momento poida dar un barniz aos resultados acorde coas necesidades do goberno de turno.

Non resulta barnizado o resultado da última das enquisas que o CIS ven de realizar, onde os resultados non son precisamente favorables ao goberno, nin en xeneral para toda a clase política.

O goberno de Mariano Rajoy ve reducido sustancialmente o seu apoio popular, non perdendo a súa maioría porque a segunda forza política non experimenta o aumento proporcional que a lóxica parece esixir. Ningún Ministro, nin o presidente, recibe un aprobado por parte dos consultados, pero tampouco o resto dos líderes políticos. As valoracións son para todos dun suspenso, que reflicte o sentir popular en relación coa clase política.

Responder de xeito anónimo a unha enquisa dalle valor á opinión formulada. A opinión xeneralizada é que esto non vai ben, e quen nos goberna ou pode aspirar a gobernar non está á altura das circunstancias.

Quen teña posibilidade de pensar -para cambiar ou persistir na súa liña de acción - que o faga.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES