Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cunqueiro en San Martiño

jueves, 15 de noviembre de 2012
O 11 de novembro de 1967, hai xusto 35 anos, día de San Martiño, visitaba o cenobio o insigne mindoniense quen pronunciou unha alocución, coa brillantez e a galanura nel habitual. Tratábase de festexar o remate das obras de conservación e restauración que, dende había un ano, viñan realizandose na igrexa e o seu contorno, por iniciativa da Dirección Xeral de Belas Artes, dirixidas polo eximio arqueólogo da USC, Manuel Chamoso Lamas.

Autoridades, xentes da cultura, e un numeroso público, ocupaban a praza da fonte da Zapata onde o ilustre tribuno, en fermosos parágrafos, ponderou o valor histórico e artístico do templo, cuxas pedras dixo, en belida metáfora “parecen labradas por manos imposibles”, “ pues se hace verdad la frase de Ruskin, según la cual en las catedrales los ángeles ponían su mano en una voluta, o un capitel, para expresar de modo admirable algún misterio. Quizás aquí ángeles cantores dieron lecciones a los que labraron este templo”.

Ante tanta beleza coa que Cunqueiro describe o grande interese da igrexa, preguntamos ¿qué pensaría o xenial escritor se hoxe levantara a cabeza e se atopara coa barbarie que reflicte este canto á incultura, e da anti estética dos retretes ubicados como antesala do monumento, que rachan con toda harmonía de estilo e de materiais e mesmo danan a vista?, ¿e do insulto ás pedras milenarias “labradas por manos imposibles” que cantou o autor de “Merlín e familia”? Cando obra tan agresiva ós valores da arte e da historia, entón auspiciada pola Deputación, se levou a cabo, contou co beneplácito da Corporación Municipal e o seu equipo de Goberno defendeuna a capa e espada.

Só a Asociación de Veciños da parroquia alzou a voz ante o atropelo, presentando un proxecto alternativo sensato, respectuoso co contorno; pero quen manda non roga e aí quedou (¿a perpetuidade?) para vergoña propia e escándalo de alleos, como a cotío constatamos, aínda que de cando en vez os nosos políticos non reparen en declararse “amantes” e mesmo “defensores” do patrimonio cultural. Non é doado atopar incoherencia semellante.¡ Se Cunqueiro levantara a cabeza…!
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES