Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Suspense na área pequena

lunes, 12 de noviembre de 2012
Tensión no ambiente. Un piollo quere choutar á cabeza dun rapaz que está xogando ó fútbol, de porteiro. O piollo mide a distancia dende o traveseiro da portería. Decátase de que o rapaz non está quieto. Anda a moverse continuamente dun lado para outro, dun poste ó outro poste, da raia da portería ó punto de penalti.

O piollo xa súa a causa da impotencia. Fai varios intentos de choutar pero, nun suspiro, o cativo dá un paso ou retrocede outro. Suspense na área pequena. O piollo reza para que se produza un córner. Pensa que é a mellor opción de pillalo a tiro; ó porteiro.

Dito o pensamento, realizado o feito; hai un córner. Pero o rapaz non para. Emporiso, o piollo pecha os ollos e lánzase ó baleiro. Ó caer nota a suave cama do cabelo. Respira e pensa na gran parada realizada polo porteiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES