Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A-Político...?. Noooo...N!

viernes, 02 de noviembre de 2012
Non fai moito tempo, nunha cea cuns amigos, xurdiu a habitual lea verbo da política e dos políticos: Ese é o momento cume, no que todos poñemos sobre a mesa, facendo alarde dos nosos coñecementos na materia-- iso si, antepoñendo sempre o de “segundo a miña modesta opinión”--, os candentes problemas que ten España, inda que polo noso trato frívolo e indocumentado non deixan de ser moi graves. Pero a hora da verdade, expresámonos coma se a opinión de cada un de nós non fora tan modesta.

Pois ben; houbo un intre no que un contertulio, co enfado co que adoita enfeitar, as veces, a súas afirmacións, para conferirlles unha maior certeza e autoridade, saltou a palestra e dixo: “Eu son antipolítico; nooo…n!, apolítico, porque me da noxo falar diso!”. Olloume así un pouco de esguello e engadiu: “Ou que di o ´filósofo`?”. Pobre de min, ese era eu.

Pero o ´filósofo` non dixo nada, porque o momento non parecía o máis apropiado para poñerse con “filosofías”, aínda que non deixou de ocorrérselle algo que agora a súa afouteza impulsao a compartilo reflexivamente con vostedes.

Xa que son eu, empezo asentando a tese de que o home / a muller non pode ser A-político, pola sencilla razón de que non hai políticos porque haxa política, iso non; hai política porque os homes / as mulleres teñen unha dimensión social, e, consecuentemente, política. Miren por onde o bo do amigo me afoutou a escribir este artigo.

Xa o dixo o filósofo (aquí sen entrecomiñado) Aristóteles: “O home é un animal político” (zoon politikon). Pero quero recordarlles que, nalgún artigo, ofrecínlles a definición do home coma “animal das realidades”, e, consecuentemente, “racional”, mentres que os irracionais viven nun mundo de estímulos. E para saír aquí do paso, sen moito rollo, lembren que estes últimos están dotados dunha estrutura real pechada, clausurada: so teñen que vivir utilizando os instintos, que son sempre os mesmos, e o que teñen que ser non é un problema a resolver para eles. A estrutura real do home é aberta, porque a través do seu decurso vital ten que apechugar todos os días coas diversas posibilidades que lle ofrece o seu contexto social, cultural e histórico: Debe pre-ocuparse dos problemas que o apreman (e reparen que PRE-OCUPARSE é “ocuparse antes”). Precisamente por isto, o home / a muller necesita tanto tempo de crianza e “preparación para a vida”.

Se entendemos por política a arte de coordinar as distintas funcións encamiñadas a seleccionar con acerto as posibilidades que nos ofrece o noso mundo contextual, parece evidente que debe haber, entre nós, quen dirixa esa coordinación, dito doutra maneira, quen nós goberne, que non son outros que aqueles que chamamos políticos. Pero deamos un paso máis adiante, explicando que entendemos por mundo.

Frecuentemente incorremos na confusión de cosmos e mundo. Por cosmos enténdese a totalidade das cousas ordenadas polo seu contido; pero as cousas do universo (ou miltiverso, para algunhas teorías), teñen todas algo en común, estean ou non mellor ou peor ordenadas. Ese “algo” é ser REALES. É dicir, pertencer a REALIDADE. Pois ben; a esa “realidade-denominador- común” chámaselle MUNDO, e as cousas intégrano, non polo seu contido, senón en canto REALES: Non importa que sexa, por exemplo, unha mazá ou un anaco de ferro, o que si importa é que ambas sexan reais.

Dito isto, as cousas do mundo en canto reais que son, participan dun certo poder para manterse na súa propia realidade. O que ocorre é que en cada unha delas maniféstase de forma diferente: o poder convertido en forza electromagnética, o poder dunha especie de animais para perdurar na existencia, e, por suposto, o poder que, ademais doutros, se lle confire ao home, como animal de realidades, racional e libre, para que organice a súa inescusable convivencia e todo o demais que comporta, é dicir, o poder político, que adoita delegar, e que é consecuencia da súa dimensión socio-política. Este é un poder específico, ata o extremo de que se o home carecera del non sería o que é: O home, como integrante da especie humana, ten o seu propio mundo, por iso non é un erro falar do “noso mundo”.

Consecuentemente, a lexitimidade de opoñerse a como os gobernantes fan uso dese poder delegado é indiscutible, e, dende esta perspectiva, parece correcto adoptar unha actitude ANTI-política, expresándoo así; pero o que non pode ser o home / a muller é A-político, porque xa non pertencería a especie humana, e a ningún humano lle agradaría contradicir a evolución cunha regresión

Isto é o que dixo o “filósofo” (con comiñas), e, como din os avogados nas consultas por escrito, e incluso algún outro “escribidor”, “salvo mellor parecer”.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES