Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un bo remate

viernes, 02 de noviembre de 2012
Os nosos devanceiros rezaban e non paraban para pedir unha boa morte, entendendo por tal unha que fora relativamente rápida, indolora, que lles permitira un tránsito pacífico cara un máis aló sempre temido aínda polos que levaban a vida en paz consigo mesmos e cos demais.

Agora, en que os temas máis elevados quedan arredados diante da premura dos temas temporais que nos aqueixan, máis que pedir unha boa morte moitos dos persoeiros públicos o que piden é un bo remate á súa vida activa sen atoparse con problemas que desvirtúen toda unha traxectoria anterior que discurreu en paz e rodeados de toda a consideración.

Para os gobernantes das nosas entidades de aforro, era desexable mellor remate da súa traxectoria pública despois dunha vida de goberno de institucións rendibles, con poderes prácticamente omnímodos, facendo e desfacendo ao seu saber e entender sen ter que dar conta a ninguén das súas transcendentais decisións.

E agora a crise, que remata con tantas ilusións e tantas pequenas realidades, veu primeiro facer caer árbores tan poderosas e logo facer leña das árbores caídas. E deixa un sabor agridoce cada nova que se produce en relación cos que foron próceres da nosa economía ao saber que son interrogados publicamente sobre a súa executoria, que son discutidas as millonarias cifras que se autoconcederon como premio de consolación ao deixar os seus cargos, e algúns deles mesmo teñen que pasar periódicamente polos xulgados para –como calquera encausado que hai que ter controlado- dar fe de vida e residencia mentras dura un proceso que se evidencia longo.

Ou rezaron pouco para pedir un bo remate. Ou nunca pensaron que esto podía rematar así.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES