Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos o barco a proa e máis o vento

miércoles, 31 de octubre de 2012
É posible volver, sempre é posible,
o camiño é pensar que alguén te agarda.
Río arriba da vida enfila a proa:
ti es o barco, a vela e mais o vento
Marica Campo

Non me gusta a vitimización, non me gusta quedarme no discurso fácil de todos contra min. Entre outras cousas porque coñezo a tremenda esterilidade dese discurso e sei que está baleiro e que paraliza a vida. Creo no potencial humano, e coido que teño ben amosada esa crenza, coido que publicamente sempre foron as miñas verbas un aval de infinidade para dito potencial.

Comecei a falar disto hai tempo e sempre tratei de ser coherente co exposto, aínda que recoñezo certas caídas en mares escuros que agora non veñen ao caso. Vivimos unha época moi complicada, chea de vaivéns, raposeiras, ineptos e xente desvalorizada, baleira de soños; pero non por iso temos dereito a darnos por vencidos ante o noso soño persoal. Hoxe máis que nunca temos o deber de perseguilo, de loitar por el día a día e de ir construíndo os seus alicerces na nosa realidade.

Hai tempo que Manuel Rivero mais eu vimos formulando a Teoría das Rotondas, ou do Modelo de Transición. Nela dicimos que andando o camiño ás veces atopámonos con encrucilladas que nos paralizan ante a ignorancia de non saber cal é o camiño correcto e tamén ante o medo a equivocarnos; por iso a peor equivocación que podemos cometer é a propia parálise, porque esta é a que nos relega a xirar eternamente sen a menor posibilidade de crecemento ou avance.

Ante esta situación propóñolle ao lector un xogo; en primeiro lugar, debe pensar nun problema ou conflito no que estea atrapado, que pensara só dende a súa perspectiva. En segundo lugar, debe buscar a imaxe dun poliedro que sexa do seu agrado. Imaxínese introducindo o seu problema ou conflito no poliedro, e agora vaia transitando por cada un dos seus bordes e anotando as reflexións que lle suxire cada visión.

Despois disto volvemos á rotonda, e vemos que cada saída conten unha ou varias posibles solucións ao seu problema. Entón, introducimos cada posible camiño no poliedro; si se quere, pódese dividir dito espazo xeométrico en aspectos negativos e positivos de cada posible decisión. A persoa reflexiona sobre ditos aspectos referidos a todas as posibilidades. E o último paso é a toma dunha decisión libre, consciente e meditada.

Outra función do poliedro sería facilitar o diálogo intercultural e a ruptura de prexuízos. Neste caso trataríase de propiciar o achegamento da maioría á minoría, coñecendo o que, o como e o por que da súa forma de ser. Entrarían xuntos no poliedro o prexuízo e a realidade, mediatizados por un diálogo que ten a función de neutralizar e deixar obsoleto o primeiro.

Nestas coordenadas nace unha obriga persoal, colectiva e social que é garante do noso futuro: medrar e facer medrar. Polo tanto tomemos decisións sabéndonos interdependentes, sabendo que aquilo que nós fagamos vai influír no noso entorno e, por tanto, temos a responsabilidade de medir as consecuencias dos nosos actos.

Como ben expresaba Marica Campo naquel fermoso disco de A Quenlla: “Namórate da vida”, somos “o barco, a proa e mais o vento”. Máis alá da realidade, a nosa vontade independente é capaz e competente para xerar novas posibilidades de futuro; só temos que ousar a saír da rotonda e construír o noso camiño, quizais como diría Antonio Machado: “golpe a golpe, verso a verso”.

Agora, para quen se atreva, teño un reto: meta aquí o seu problema ou conflito e ouse mudar o seu punto de vista.

Somos o barco a proa e máis o vento
Como cambia a súa visión do tema tratado?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES