Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

1º de Novembro

miércoles, 31 de octubre de 2012
A organización territorial de Galicia está formada por tres mil setecentas cincuenta parroquias con cadanseu camposanto. Iso, sen contar a maiores os cemiterios municipais, que son ao pé de cen. Estes espazos comunais embelecidos moitos deles por unha arquitectura fúnebre singular, son depositarios da memoria colectiva; homes e mulleres que en vida falaron maioritariamente no idioma propio de Galicia. Pois ben, estas “parroquias de mortos”, segundo expresión acuñada polos antropólogos, son escenarios de visita obrigada unha vez ao ano, alomenos. No rural son máis frecuentes.

Dito isto, unha vez máis temos que referinos a unha observación preocupante: só unha de cada mil lápidas están escritas en galego; e unicamente dúas de cada cen esquelas publicadas nos xornais está redactada no noso idioma; un punto menos que hai cinco anos. Ao lelas, pola idade e orixe xeográfica, non é dificil adiviñar o idioma que tivo o defunto en vida. Sen embargo, velaí está a incongruencia: despois do falecemento, nada máis traspasar a porta do cemiterio, a súa memoria perpeturase nun idioma distinto.

Este feito debéranos preocupar aos que defendemos dunha maneira ou outra o noso patrimonio cultural, indivudal ou colectivamente. Institucións públicas, partidos políticos, sindicatos, asociacións culturais ou veciñais, grupos folclóricos que cultivan a nosa tradicións musical,etc. que a cotío manifestan a súa galeguidade, deberan poñer cabo a esta anomalia organizando actos para restaurar a memoria lingüística daqueles asociados xa falecidos. O 1º de novembro é unha oportunidade para poñer remedio a esta distorsionada visión da historia social que ofrecen os cemiterios.

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística en estreita colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística vén convocando anualmente actos en distintos concellos do País con esa finalidade: colocando unha placa na porta dos cemiterios en homenaxe aos que están alí soterrados “porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”; substituindo unha lápida en castelán por outra en galego, sempre en colaboración cos herdeiros, e convocando un acto público para a sinatura dunha acta de vontades individuais que recolla os desexos de compromiso dirixidos aos seus sucesores para a que a lingua continúe na transmisión xeracional e que chegado o día do pasamento estes o lembren sempre en lingua galega.

É prolífica a realación de actos celebrados con estas pretensións. En todos eles os veciños das parroquias teñen participado con entusiasmo e emoción. A pedagoxía social impartida está a demostrar que é doado mudar os hábitos lingüísticos. Por iso facemos un chamamento para que se prodiguen estas convocatoria en todas as parroquias galegas. Amigo ou amiga lectora, se ten interese en coñecer o alcance desta proposta, non ten máis que visionar un documental moi espallada polas redes sociais en www.galeguizargalicia.tv
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES