Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E sen embargo, móvese

lunes, 29 de octubre de 2012
“E pur si muove”, afirmaba Galileo da esfera terrestre, mantendo a súa postura diante da doctrina imperante, sostida pola máxima autoridade política e relixiosa que afirmaba a inamobilidade do mundo que habitamos.

Trastocamos os papeis, e case todos pensamos que – como daquela sostiña o poder- esto non se move, e se o fai é en retroceso, que a economía non camiña, que a producción ralentízase, o consumo detense, as esperanzas desaparecen. Esto non se move. E se o fai é baixando aos infernos da recesión, do cero absoluto da conxelación.

E as forzas públicas, os gobernos, eses visionarios de brotes verdes aseguran que esto se move, aínda que non nos damos conta. Que todo o que está pasando é polo noso ben. Que temos que pasar por estes trances difíciles para conseguir –á larga- empezar a mellorar, precisamente gracias aos recortes e as apreturas que estamos a pasar.

Pechan empresas, restrinxen moitas outras as súas produccións, non se mercan vehículos automóviles, non se mercan vivendas aínda que as rebaixen un cincuenta por cento do precio que en tempos se coidou normal, non se conceden nin se piden créditos... Esto non se move.

E sen embargo, móvese, dinnos. E saímos á rúa e vemos a xente circular; e entramos nos bares e vemos á xente consumir; e saímos ás estradas e observamos tráfico abundante. E aparecen letreiros de ”Se vende”, “Alquílase”, “Liquidación total”, “Últimas oportunidades”... Vai resultar que si, que esto se move, como queren os novos galileos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES