Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Primos irmáns

martes, 12 de abril de 2005
É un tópico producido por tan longa liña de conxunción que non fronteira. Xa nos dirán que diferencia hai entre Ribadeo e Vegadeo, especialmente se temos en conta que Vegadeo antes chamábase "A Veiga de Ribadeo". Xa nos dirán que diferencia hai entre xantar á veira da ría, no porto de Castropol, que facelo ollando a ría desde a banda do oeste.

A irmandade comeza nas terras de Fonsagrada cando sen darse conta se entra nas Asturias, e se comproba que nos Oscos, por onde naceu o Marqués de Sargadelos, séguese a falar galego, e pode atoparse algún crego que estudiou galego e fe no Seminario de Lugo.

Fálase galego no occidente de Asturias, pese a quen pese. Pero aínda así parece un desatino que os socialistas galegos pretendesen promocionar o noso idioma subvencionando vacacións en Galicia ós asturianos de occidente, para mellor aprender o noso idioma.

Os socialistas asturianos protestaron por este "intento de colonización cultural", e a proposta que ía efectuarse no Parlamento galego foi retirada antes de ser debatida.

Somos irmáns por xeografía, por cultura, por vecindade de séculos. ¿Para que agravialos con cuestión tan peregrina?

Foron os mesmos socialistas asturianos os que protestaron, esixindo respecto polas fronteiras xeográficas e rexeitando esta invasión que consideran ur arma electoral diante dos próximos comicios.

Deixemos as cousas como están. Sempre nos entendemos cos asturianos á perfección. Cos asturianos do oeste, tamén en galego. Non pidamos máis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES