Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Ínsuas

miércoles, 24 de octubre de 2012
Celebramos o outono coa Asociación de Custodia do Territorio, o 6, véspera do Día das Aves, escoitando “As catro estacións” de Vivaldi na Casa das Insuas de Rábade, interpretadas con “matices aviares” pola Banda Xuvenil.

Este encrave irrigado polo Pai Miño, inza vida a eito, dando a coñecer o medio: os cogomelos deste tempo, os reptiles da Chaira…, ata organizando un voluntariado coma o que nese día foi reforzar o peche do Curro en Maciñeiras.

A Chaira de ríos doces e sosegados emerxe en insuas, coma as de Rabade ou Guitiriz, que namoraron ó poeta Díaz Castro, que as promove coma leitos privilexiados de vida: “Pro véu a noite derrubando todo!/ I eu, sedento dunha áncora ou baia,/ dinme a buscar teus cen perdidos nomes/ para te chamar, ouh nai, ouh insua miña!”. Está a transmitir a devoción pola nai, o seo que xera a nosa existencia irrepetible, o máis noso, o líquido amniótico que nos envolve, tan afastada das “insuas extrañas” do seu mestre San Xoán da Cruz, en mares alleos que alonxan do máis próximo e querido.

Entre nós a insua é a aposta pola biodiversidade ó noso carón: plantas, aves, reptiles…, xerada polas veas, os ríos, que comunican o seu sangue ó terrón que tripamos. O abeiro das insuas loita a alma da natureza contra tantas noites escuras: contaminación, desfeitas, desmemoria. Sabeno ben as veciñ@s da Insua, con maiusculas, deste “mar en calma” que é a Terra Chá de Manuel María, que o sábado celebra a IV Tasca do liño, para agradecer á Terra Nai, as raíces que @s sosteñen nun mundo a cotío rizado polas treboadas do desprezo do máis noso.

A parroquia de Insua é un faro marcando o rumo que acae para non naufragar, con ese agarimo co que mergullan no río o liño despois de recollelo, potenciando coas novas tecnoloxías a sabedoría e a técnica dos devanceiros. Nesta reivindicación da tradición apreciamos a arte de zoqueiros, tecelás, etc. E coma en toda romaxe a Asociación San Bartolomeu agasallanos cun xantar: requesón, liscos, filloas… Neste ambiente zumega a sensibilidade feminina, harmonizando na paisaxe os elementos que herdaron dos santos antepasados, por iso reivindican coma santuario da súa memoria colectiva a reitoral, para que non caia vítima do desleixo, e volva ser espazo de encontro e creatividade coma noutrora. Que cunda o exemplo.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES