Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cidade dos museos

martes, 23 de octubre de 2012
Hai un tempo, co título “Turismo cultural e ambiental”, a Universidade de Vigo celebrou un curso de verán, cuxas ponencias chegaron a nós. Delas extraemos contidos que poderían ser motivo de reflexión, para quen na nosa bisbarra están na obriga de pór en valor os recursos turísticos, entre os que ten unha sinalada importancia o patrimonio cultural dos pobos. Éste fórmano, según a Unesco, as obras dos seus artistas e artesáns, arquitectos, músicos e escritores, así como as creacións da alma popular: as obras, materiais e inmateriais, que expresan a creatividade dese pobo: a lingua, os ritos, as crenzas, lugares e monumentos históricos, a literatura…

O patrimonio cultural, en calquera das formas, é un recurso moi significado, e a conservación e respecto obrigan a non cometer con eles, nen permitir, tipo algún de agresión; é un deber e unha responsabilidade, amais de obriga institucional. A experiencia e os estudos din que a pequena escala, é decir a local, non é a mais axeitada para a potenciación turística. Os expertos sinalan que é a comarca o espazo idóneo para promover, con sensatez i eficacia, o desenvolvemento turístico.

“Os museos, dada a propiedade como mediadores culturais e a diversidade tipolóxica, constituen un importante recurso para o Turismo” di a Unesco.

Mondoñedo conta cun importante museo Diocesano, pero existen ademais outras facetas de especial relevo na historia do pobo. Esquencido (¿?) o de Cunqueiro, tiña que contar xa, cando menos, cun museo da cerámica popular, o da música e, por suposto, o museo da prensa e a imprenta.

Coidamos que non é preciso extenderse nas razóns obxetivas, ben coñecidas, que avalan a proposta. En todo caso nós propugnamos a Mondoñedo como Cidade dos Museos, pola monumentalidade e a historia da mesma, para maior esplendor e atractivo de toda a comarca. A suxerencia é compatible coa presencia de museos diversos noutros lugares da bisbarra, onde xa existen, e mais que ogallá xurdiran, públicos e privados, algúns de sinalado interese. Sen dúbida a rede museística da Maríña, con epicentro na Cidade dos Museos, potenciaría a todos e a cada un deles. E tamén ós pobos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES