Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un tempo novo

lunes, 22 de octubre de 2012
Galicia votou en liberdade. Votou pouco, pero votou firme. Porque faltaron moitísimos galegos. E eses galegos tiñan o dereito e o deber de participar para conseguir que o resultado fose o máis representativo posible.

Certo é que o resultado é inamovible, representativo e xusto, porque os votantes o quixeron así. Pero queda ese alto porcentaxe de non participación que, de ter votado, pudieran inclinar a balanza a un ou outro lado. Que se este resultado é xusto, máis democrático, máis participativo, máis satisfactorio sería que os votantes foran moito máis numerosos.

Pero o votante manda. Mesmo cando non vota. E o resultado éstá moi claro non quedando lugar a dúbidas aínda que case sempre os grupos políticos manifestan a súa satisfacción polos resultados conseguidos. Non nesta ocasión onde con claridade quedou establecido o parecer maioritario dos galegos de que o Partido Popular siga a gobernar con maioría absoluta, reforzando o seu papel ata chegar aos 41 deputados que nin os máis optimistas coidaron conseguir.

O Partido Popular vai gobernar Galicia durante os próximos catro anos coa forza dos votos, revalidando a xestión efectuada nestes últimos tempos. Desexámoslle acerto pleno nas súas xestións e decisións, que os seus acertos serán as nosas melloras e a satisfacción dos nosos problemas. Felicidades aos gañadores!. E que sexa para ben (de todos)!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES