Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hai que votar!

viernes, 19 de octubre de 2012
Pode que as árbores non nos deixen ver o bosque, e o xuicio do Prestige, os avatares da economía e as negociacións con Europa, o independentismo catalán ou o Lugo negro que imos coñecendo pouco a pouco, lixo a lixo, son as árbores. Xa digo que non podemos pararnos nas árbores que medran diante dos nosos ollos senón que temos que contemplar o bosque que está inmediatamente detrás. Neste caso, o bosque, o importante neste momento, é a xornada do domingo, as eleccións autonómicas en Galicia.

Tamén o País Vasco anda nas mesmas fonduras, pero a nós o que agora nos interesa de xeito principal e directo son as nosas eleccións, nas que imos escoller setenta e cinco deputados que nos representen a todos os galegos na cámara da compostelana Rúa do Hórreo, e van propiciar o xeito como vai discorrer económica e socialmente o país galego durante os próximos catro anos.

Seguro que cada un dee nós sabe o que ten que facer, e a campaña electoral -cos seus mitins, anuncios, follas informativas ou chamadas - a campaña, digo, non fai máis que reavivar o sentimento de cada un, pero non fai cambiar de postura política, que este é un sentimento que se vai formando no noso interior en base ás observacións da realidade, executoria dos políticos, necesidades do momento actual e mesmo esa xustiza que ás veces nace en nós de premio ou de castigo; de votar a favor de... ou en contra de... porque así é a naturaleza humana.

Pero o que temos que ter meridianamente claro é a necesidade de votar. Por quen queiramos, pero hai que votar, porque non hai peor voto que o que non se emite, xa que entón alguén decidirá por él. Ou, o que é o mesmo, menos votos van decidir unha situación, e eses menos votos teñen proporcionalmente máis posibilidade de decisión que se todos participamos colectivamente desa decisión.

Estamos no momento axeitado, decisivo, para facernos escoitar todos os galegos. Votemos, e decidamos entre todos o que mellor lle acae a este país. Se non votamos, non temos o menor dereito a opinar. E moito menos a criticar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES