Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A pandeirada da chuvia

jueves, 18 de octubre de 2012
Estos días está a chover a reo aquí en Galicia, chove tanto que é moito chover , e non precisamente ao modo rosaliano, nada de miudiño chove, senón máis ben como o facía ao comezo da “Mazurca para dos muertos” de C.J.C., porque así chove estos días :
“Llueve sobre la tierra del monte, y sobre el agua de los regatos y de las fuentes. Llueve sobre los tojos y los carballos, las hortensias y los bullos del molino y la madreselva del camposanto, llueve sobre los vivos y los muertos y los que van a morir, llueve sobre los hombres y los animales mansos y fieros, sobre las mujeres y las plantas silvestres y de jardín…llueve como toda la vida y aun como toda muerte…llueve a Dios dar, como antes de que se inventara el sol, llueve con monotonía pero también con misericordia, llueve sin que el cielo se harte de llover y llover.”

Así chovía naquel comezo e así chove hoxe e así choverá mañá e así choverá o domigo que vén , cando vostede vaia votar logo de que estea sempre a chover na súa alma, no seu corpo, no seu agro, na súa muller, no seu home, nos sus fillos, nos seus netos, nas súas fruteiras, nas súas colleitas, nas súas vendimas, mesmo na súa auga e no seu sangue e no seu propio pan. Mesmo na súa conciencia e na súa palabra deles, agora máis de invernía ca outonal, chove sobre os que morren e van morrer o domingo, hoxe e sempre, moitas veces e cada día. As palabras, o mitin o desencontro que chove, e o cachoupiño que facemos todos, eles e mais nós.

E ao revés do acontecido na novela de C.J.C., cada vez que morramos vostede e mais eu , ningún cego tocará no acordeón unha triste mazurca naquela casa de putas da cidade de Ourense. Só ha de soar, tempo ao tempo, a gaita ou o piano coa leria enrevesada de “non chove, é que mexan” . Todos eles.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania