Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imos niso (E dicimos que si...)

miércoles, 10 de octubre de 2012
A soberanía neste pobo ( ese posuír de por nós as capacidades de goberno) neste momento xa adquire unha boa intensidade de forzas e nelas xa se poñen enerxías visibeis de concretala por moito que haxa profetas ou avisadores doutras desgrazas ( mesmo faladores de arrincar os tanques para levalos ás rúas e de convocar consellos sumarísimos que abofé sobrepasan calquera razonar). A soberanía xa non é algo do máis alá e así digan o que digan, a decisión ( ese poder) concretízase nos pobos e neste caso en nós ( Pobo do Galego), aínda que non negamos que si, que aínda circula polo medio un bo monto de discursos do medo, pero tamén intuímos que o dereito a decidir – e xa como dixemos- xa viste de largo e madura entre nós indo de camiño na verdade.

Funcionamos pois. Non estamos ancorados no insubstancial, nin no parcial simplemente, poñamos por caso no soamente económico ( que sendo importante non basta).Queremos o sermos pleno realizable. Vertebralo. Casa á medida. Velaí unha oportunidade á que lle debemos atención e moito pensar ( e así desas dicirlle ola e que non nos marche).

Por outra parte ao falar de soberanía que non nos veñan co tan recurrido da crise, si, desa xestionada de tan mala maneira, da peor. Que non nos dean trécola co de que agora non son horas. Pois a crise precisamente ha ser – é – como unha sílaba tónica na que cargar acentos e pronunciala ben para comprendela, para aclarala e non facela sílaba átona, vamos,apandala e sufrila, para que nos chuchen o sangue a ritmo de polbo e churrasco os vampiros de sempre, loros de piratas, e así nós a todo calar ou rezando mistrios de dolor con moita resignación. Un obedecer sen rebeldía. Esa receita.Pois non. Que nós xa debemos ter presentes as propostas que se nos formulan desde quen coma nós( galegas e galegos de pobo e de nación, nesa soberanía), si, e que as fan con responsabilidades derivadas de serias intuicións reflexionadas e moi equilibradas,para xa adiantarnos aos tempos de arestora ( que sono ben pouco nosos) e así para gañalos determinados de vez ( e a pouco que andemos). Tamén para disfrutalos.

E diremos que así e niso non é boa cousa darlle pedal de consentir a tanta mentira, nin tanto descanso, ou ben parecer que si, pero non. As cousas claras. E para iso son necesarias as cartas boca arriba e asemade usar os dedos indicadores para dicir quen son os culpabeis e que se busquen os camiños e medios para que asuman as súas culpabilidades sen escorreren o vulto ( xa que iso é tamén unha fonda e necesaria responsabilidade).

Por outra banda e no contido do que falamos, a soberanía, fálannos de que por aquí ( e nin por aló) aínda non se produxo a primeira ( nin segunda) transición, que está por facer ( e diso temos exemplos ben deles e probas inequívocas), pois en canto se fai mesmo un pequeno figureo, caneo ou postura a intencións de cambiar algo, poñemos por caso o da intención de acordar a independencia do pobo catalán e tamén a do pobo basco que non tardará, que máis ben xa está á porta, de seguida saltan as alarmas de seguridade de certos sectore, a dos vixiantes de turno e de sempre, e van e poñen as voces no ceo, os dicires nos tremendismos absolutos e mesmo proclaman a toda conclusión definitiva…que diso…nada de nada ( din os inmunes e levantan a cabeza invocando forza e ruídos, ou por non dicilo así tan forte , collen man de pactos dunha transición que non están nada claros dicindo que non se poden rachar, nin alterar).

Miren de paso, tamén como exemplo, a reacción da igrexa que dá a súa doutrina dentro da súa autoridade anunciando a unidade absoluta, eterna, invariable, de España, do estado español. Declaran que cristianismo e soberanismo son antónimos, incompatibles. Por iso hainos da igrexa de Cristo que falan de Liberación e son silenciados ou afastados.Claro.Pois estes están ao lado dos que sofren, dos bos e non dos que gañan, dos que vencen.

Por iso así notamos que é preciso pisar terra sen perder as ideas. Nin as intuícións. Pois as ventadas de frescuras soberanistas teñen norte entendible, unitario e compartible e así árboredo abondoso que mover docemente nos pensamentos e nos sentimentos( non ten porque ser un furacán), aínda que ben se sabe que tratarán de desnaturalizalas, as ventadas das que falamos, pero elas non admiten corpos estraños, nin disolventes químicos ( nin manipulacións do prospecto).

Os sentimentos soberanistas deben enchernos do orgullo de sermos estando, si, no Pobo do Galego, Galicia. Sendo e estando á calor de lume noso. Respirando a todo ben. E quen queira apagárnolo con actitudes fraudulentas ou negándonos a nós os da casa a mentiras e a deformacións de pobres argumentos, se o fai así, aínda poida provocar un incendio.
Incendio que sería a cousa contraria ás súas intencións. Ou sexa que máis forza de rexitamentos ao que busquen. Nós non nos queimaríamos pois sabemos como atallalo. Eles poisha que non.

E polo tanto debe quedar claro que sen chegar de todo, e falo do sentir plenamente a nosa soberanía neste pobo, temos a convicción de que o noso optimismo por podermos exercela xa vai máis aló. E máis aló do día 21 de outubro. O noso horizonte xa non é doado de pechar. Claro que tamén é necesario o voto, si, claro e por iso sabemos do que falamos na estima do que vai pasar, pois os resultados das eleccións tamén nos axudarán a darmos pasos firmes de felicidade compartida en convivencia plena. O futuro soberano de Galicia xa non pode ser un espellismo, pero ollo… ollo cos cantos de sereas ( que moitas veces non son, que están disfrazadas a maldade e sono simplemente malos entroidos, pupíns sen graza, de pobre condición, xa que como din os nosos sabios ( de avós para adiante): “ que o digan os feitos” e engadimos da nosa conta: “ miren…noten o auténtico ( que o hai e bo)”.

E por iso os novos indicadores deste pobo, os de pasadomañá, nos nosos desexos e horizontes, conxugando a futuros compartidos, están chantados nas nosas ideas, alternativas, ilusións e proxectos. Celebremos a súa datación concreta e adiante sempre. Galicia é máis que o espello que reflicte a dous “ mediomortos” que se dan de leña. Nós podemos facelo doutra maneira. Estamos pois polo outro posible. Esa soberanía...
Otero, David
Otero, David


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES