Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As de Villadiego

lunes, 08 de octubre de 2012
Teodosio Vesteiro Torres é un escritor do S. XIX pouco coñecido, acaso porque a súa vida foi curta: finou aos 28 anos. Nacera en Vigo en 1848. Aos 12 entrou no seminario; os éxitos non se fixeron esperar pois, sendo estudante, rexentou unha cátedra de Humanidades.

En 1871 abandona os estudos e marcha a Madrid: profesor de música, publica artigos e poesías. Funda “Gaceta Literaria”, que reuniria aos intelectuais galegos na capital, entre eles Añón e Curros, institución que só durou 4 meses.

Autor de “Galería de Galegos Ilustres”, en varios tomos, e “Recuerdos de Galicia”, na que da unha versión da orixe do proverbio “tomar as de Villadiego”. Segundo él, polo S. XVI, vivía en Ribadeo don Diego de Villalpandro, deudo dos condes daquela vila. Por amoríos, o tal don Diego viuse envolto nun duelo que resolveu atravesando o corazón do contrincante coa espada. Por temor á xustiza, don Diego fuxíu e non parou deica os arredores de Burgos. Alí, para ocultarse, trocou o apelido, pasando a ser don Diego de Villadiego.

O duelo transcendeu e houbo en Ribadeo pesquisas sobre as andanzas do criminal, e o xuiz viuse obrigado a requerir “qué veredas tomaría don Diego”. “Las de Villadiego”, responderon as xentes. O maxistrado despachou exhortos á vila de Villadiego, en requisa de don Diego de Villalpando, contestando que alí non había mais Diego que o de Villadiego.

Así prevaleceo o dito para definir unha fuga venturosa, con burlete, ao decir: “tomou as de Villadiego”.

Vesteiro foi unha alma atormentada, e o fracaso de “Galicia Literaria”, e o espíritu romántico da época, que ás veces acadaba consecuencias límite, fixeron que o 3 de febreiro de 1837 rematara coa vida disparándose un tiro na sien, no paseo do Prado de Madrid, ao xeito que anos antes fixera Mariano José de Larra. No enterro deste último, outro grande do Romanticismo, José Zorrilla, dérase a coñecer como poeta, cun poema que comeza así :“Ese vago clamor que rasga el viento /es la voz funeral de una campana;/vano remedo del postrer lamento / de un cadáver mohino y macilento/ que en sucio polvo dormirá mañana…”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES