Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diario de unha viaxe a Extremadura

lunes, 08 de octubre de 2012
ASTORGA, GUADALUPE, MÉRIDA, PLASENCIA, CÁCERES...

Unha vez máis a Uned Senior de Xestoso integrada por alumnos de Aranga , Guitiriz, Monfero, Paderne , Xermade e arredores fixo unha viaxe con gran aproveitamento cultural e social percorrendo boa parte do oeste de España:

-En Astorga, capital da comarca leonesa da Maragatería; tivemos ocasión de deleitarnos coa arte de Antonio Gaudí ó mesmo tempo que percorremos a cidade, charlamos coas súas xentes e degustamos algúns dos seus productos máis típicos: mantecadas, chocolate e outros, sen esquecer de visitar algunha que outra librería para documentarnos con máis profundidade sobre esta preciosa cidade leonesa.

-En Guadalupe (Cáceres) vistamos o Mosteiro gótico mudéxar declarado Patrimonio da Humanidade, que noutrora rexentaron os Xerónimos e na actualidade os seguidores de San Francisco: todo arte, arte e máis arte; cultura, moita cultura; moita historia e beleza, moita beleza…

Tivemos a sorte de asistir á misa do peregrino que se celebraba xusto coa nosa chegada. Ós pés da Nosa Señora de Guadalupe sentímonos acollidos na paz do seu regazo.

Na escalinata que dá acceso ó Mosteiro fixemos unha fotografía en grupo como recordo do noso paso por alí.

Tampouco nos esquecemos de percorrer o pobo e comprar unha mostra dos seus excelentes productos; pimento, aceite, e outros sen esquecer unha imaxe da nosa Naiciña Negra de Guadalupe.

-En Mérida (Emérita Augusta), capital da Provincia romana de Lusitania, Declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, no ano 1993 e capital de Extremadura desde 1983.

O primeiro que fixemos foi visitar o ANFITEATRO, pasando a continuación ó MUSEO ROMANO, para rematar cunha viaxe en tren turístico desde o que puidemos observar os restos do ACUEDUCTO, chamado dos milagros pola súa resistencia a diferentes avatares ós longo da historia.

Aproveitmos tamén para tomar algo porque o sol acompañounos radiante durante toda a viaxe.

-En Plasencia, cidade monumental por excelencia, ademais dos principais monumentos tanto civís como relixiosos, tivemos tamén a oportunidade-sorpresa de visitar as distintas dependencias da UNED ubicadas nun antigo convento, que ó longo da súa historia, tivo diferentes usos.

Fomos convidados e acompañados a visitar as diferentes dependencias, pola mesmísima Directora Ilustre Sra Dona Consuelo Boticario, quen se mostrou extremadamente abraiada pola experiencia exemplar que se está levando a cabo na Uned Senior de Xestoso.

Recibimos moitos parabéns que contribuíron a mellorar, aínda máis, a nosa autoestima.

-En Cáceres, tamén Patrimonio da Humanidade, percorremos todo o casco antigo saboreando a súa arte, a súa historia visitando a súa catedral e diversos palacios que encerran boa parte dos mellores tesouros da terra extremeña.

Ó longo da viaxe poidemos comprobar o carácter sociable, xovial e acolledor das súas xentes, destacando a colaboración do Sr Fausto de 87 anos, home viúvo, de estatura mediana, de poucas carnes, pero unha mente moi lúcida e aguda e unha mirada moi viva e penetrante, coñecedor do pasado e da realidade actual, aberto a todo e disposto a disfrutar de tódolos adiantos destes tempos con todo o optimosmo do mundo. Un home feliz, xubilado da agraria, que moi ben podería representar ó extremeño de clase media da aldea. El vive só, nun pequeno pobo situado no medio do monte, camiño de Guadalupe. Tiña noticias de que A Coruña era moi bonita e –según el- case tan grande como Madrid.

Disfrutamos moito da paisaxe extremeña, tanto da rural como da urbana, comprobando como o pobo extremeño sabe sacar o mellor daquelas terras: o corcho das sobreiras, as landras das encinas, o aceite das oliveiras e os pastos das devesas, dando lugar a unha gastronomía de primeirísima calidade.

A arte, a historia, a gastronomía e a servicialidade das xentes da terra extremeña, deixáronnos moitas ganas de volver en canto teñamos ocasión.

Tamén merecen o máis caluroso aplauso a boa organización do noso Coordinador: Rvdo D. Luis Ángel Rodríguez Patiño; dos nosos compañeiros e delegados Amelia, Tomás e Tucho así como o bo facer de tódolos asistentes.

¡Moitas grazas á Uned Senior de Xestoso!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES