Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

4 Out.: O santiño das pombas

jueves, 04 de octubre de 2012
Polo que estamos a ver, parece que hoxendía estanse a realizar máis operacións nas rúas ca nos hospitais, alomenos ca no HUCLA, coa alarma e perigro que esto supón. Porque cada cousa é para o que é. Pero ao que parece, anda por aí unha enfermidade tan estendida entre a xente, que chega xa á categoría de peste, de modo que, como aconteceu en séculos pasados, os apestados casi terán que ser atendidos beirarúas adiante porque o fenómeno desborda e esgota a capacidade asistencial dos centros da sanidade pública do estado de benestar.

Porque a Pokémon, a Carioca, a Campeón, a Torre, a Orquestra, a Rei, etc. son operacións que, nalgúns dos casos, amosan datos que fan supoñer que o número de implicados e afectados poden ser tantos que non caberían arestora en casi ningures. E isto non fixo mais que empezar a saír á superficie e a vomitar as cagallas que van por máis abaixo e só dalgún xeito disimulado. Porque aquelas, unhas e outras, só fan parte dun cadro clínico máis amplo i endémicamente asentado. Trátase da enfermidade moral do egoísmo e do espíritu que, como estamos comprobando está a facer moito dano a todos nós e que todos a sufrimos ou somos causantes dela. A falta de boa fe, de sinxeleza, de convivencia gratuita; a desunión, o interese e o crime económico dos ricos contra os malpocados e de poucos entre moitos; a trampa, a fraude; a envexa, o consumismo e a nai que o deu, constitúen unha enfermidade ben boa, facendo que o home se atope só e aillado nun círculo podre , dando voltas a sí mesmo e ameazado polo coitelo do seu propio egoísmo. E disto estamos todos afectados, sendo ben certo que os implicados nas devanditas operacións non son máis ca uns pringaos de coidado, sendo o seu, pois, moi distinto dun pelotazo.

Tráfico de influencias, fraude fiscal, sobornos, explotación e cohecho talvez só síntomas ben graves dun virus moito máis devastador do que se ve a simple vista no banco de probas.

Daquela cóntase que en certa ocasión achegouse a san Francisco de Asís, cuius festum collimus, un mediador de negocios, desos negocios en que lle vai a un algo máis cá alma. Acercábase o tío prometendo ao santo todo iso que se dí nesas ocasións e que tal e que sei eu… E disque o santiño das pombas acenou únicamente cara a porta, espetándolle de contado ao tal embaucador:

- “Se abres a boca outra vez, déixocha chea de esterco.”

Pois iso, como mediciña preventiva. Porque operacións sempre as haberá, pero, por favor, de cando en vez. Non así decote.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania