Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Funcionarios

miércoles, 03 de octubre de 2012
O Goberno ven de dar conta do que para os funcionarios vai supoñer o tránsito deste ano ao 2013, dispoñendo que sigan conxelados os seus emolumentos se ben se lles reintegrará a paga extraordinaria do Nadal suprimida o presente ano.

Son así xa tres exercicios co soldo conxelado, despois de experimentar unha rebaixa dun cinco por cento durante o goberno socialista do Presidente Zapatero, non recatándose de comentar sempre que procede que bastante teñen os empregados públicos conque o seu posto de traballo non perigue, aínda que tamén por veces se deixa caer o comentario de que pode chegar a haber despidos nas administracións públicas se a situación segue empeorando.

É verdade que nas épocas de dificultade os empregados das administracións teñen garantido o seu posto de traballo e o cobro dos seus emolumentos a fin de mes, en contraste cos da empresa privada que non teñen esa garantía. Nada se di de cando a economía é favorable que entón a empresa privada, sobre todo a gran empresa, leva unha gran dianteira en canto a retribucións dos seus traballadores, especialmente nas zonas máis industrializadas do Estado.

Coas decisións sobre os funcionarios, o Goberno consegue o aforro de importantes cantidades, e á vez contentar a unha opinión pública que descoñece o traballo dos funcionarios e aos funcionarios mesmos. Sen ter a seguridade de que esto último sexa o que se pretende, o certo é que os funcionarios veñen ser os chivos expiatorios en moitas ocasións de situacións problemáticas como na que agora nos atopamos.

Pero, ollo, que o funcionariado pode tamén tomar cartas no asunto, e conxelar moitas cuestións que están baixo da súa executoria. Que ninguén pense – nin o goberno nin os desinformados da opinión pública- que é posible seguir apretando a un colectivo de salarios moi modestos en determinadas categorías e nunca ben considerado en xeral. E sen embargo, o funcionario mantén este país en marcha. E se o goberno funciona é porque o funcionariado funciona. E se os servicios básicos están en marcha é porque hai funcionarios que os fan marchar.

Pode ser un erro moi grave que o Goberno presione e lesione ao funcionariado cando de que o Goberno sexa goberno son responsables os funcionarios. É dicir: cando o funcionariado desperte, o goberno vai ter un problema máis grave que o da crise actual.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES