Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contribución ó Diccionario aproximado da Lingua Española

jueves, 31 de marzo de 2005
«Ó castelán, a miña “lingua- pai”, co maior agarimo»

ANTECEDENTES
Fai tempo veño observando na lingua castelá un estraño dinamismo que, anque iletrado, abarca tódalas ramas do saber. Non hai que escandalizarse por tanta actividade se temos en conta que inda o máis académico castelán é en realidade un latín mal falado e que, a súa vez, o latín de Cicerón non foi precisamente un perfeccionamento do sánscrito. Animado por todo elo propóñome agora contribuír ó desenrolo desta liberdade léxica creadora e analfabeta da que xa vai habendo precedentes dabondo e que, por vir agora dun galego, ben puidera supoñer agora, eso sí, unha contribución xenuinamente española. Velaquí algúns deles:

DE SINTAXE XERAL AVANZADA
“Amaneció un día lluvioso aunque, eso sí, desapacible.
Para nada me gusta la horchata”
Te prometo que yo no fui”
“Era aquella una gran tragedia humanitaria
Reconocía ser muy guapo”
“Era vergonzantemente inmoral”
“Hablaba muy correctamente
“Nos vemos a las cinco,¿vale?”
“Aquí mi compañera sentimental
“Pienso de que sí
“Tengo ganas que haga buen tiempo”
“Son las doce, una hora menos en Canarias
“Adiós Pepita, venga
“Los Volvos son un poco cutres
“La aristocracia es hortera
Chao, Pepa”
“Ella dará a luz en unos días
“Hoy vuelo a New York”
Menú informático” (calquera catálogo non culinario)
Canción informática” (sinfonía, cuarteto, concierto,Te deum ou calquera outra peza, mesmo canción)),
Voz armoniosa” (voz polifónica y amariconada)

DE PARADIGMAS LITERARIOS CONSTITUCIONAIS
Dubido que ningún emigrante galego poda prosperar politicamente en Madrí sen levar ben sabidos algúns destes “latiguillos”:
“Tenemos que seguir las reglas del juego” (pois de xogo se trata)
“Fulanito tiene que mover ficha” (metáfora algo achulanganada pero bueno)
“La oposición tiene que sentarse a la mesa (¡sempre comendo, coño!)
“Nos pusieron un muerto encima de la la mesa” (tropo algo groseiro inda que, ó parecer, literariamente codiciado)
“Aznar tenía siempre sus deberes hechos” (rapaz de proveito aquel -de moita urbanidade e compostura-)
“Las Pensiones de Viudedad son nuestra asignatura pendiente” (¡e dálle coa Ensinanza Xeral Básica!)
“Creo sinceramente…” (frase pouco crible pero que se pode intentar)
“Guerra preventiva” (¿de qué?)
“Asesores de imagen” (coidadores de fiestras enmacetadas e valeiras)
“La política sanitaria del Gobierno es muy agresiva” (palabra inglesa esta que significa empuxe, eficacia, mesmo traumatismo se fora necesario; non coma outras).
Comité de sabios” (gilipoyez)
Obsceno” (según a Alberdi, calquera cousa que lle moleste)
Mirar para otro sitio” (enxeñosa metáfora do disimulo)
Fuerza de interposición” (pero ¿coma é posibel interpoñerse pola forza?)

Non ten nada de particular pois que nós tamén queramos defender a nosa liberdade léxica coa creación dunha nova ligoaxe, máxime cando según “eles”, falamos irremediablemente mal.

POSOLOXÍA
Non se lle coñece a este empeño contraindicación algunha, se exceptuamos a da Educación Xeral Básica.
Todo el vai dedicado a xente que, coma eu, falan perigosamente; á xente que persigue o risco e que o consigue.
O seu audaz vocabulario e o seu absoluto confusionismo cultural pode, por exemplo, ser especialmente adecuado nas Salas de Arte Contemporáneo, nos concertos de cámara e, en xeral, en toda clase de cultos vestíbulos -onde sempre hai certa garantía de impunidade e ata de lucimento, pois alí a comprensión e moita-.
O parlante aproximado insistirá entón nos termos que produzan maior desconcerto. Nembargantes deberá ser prudente coa xente silenciosa –especialmente se ten cara de mala leite- pois esta xente, económica e resentida, soe reivindicar a exactitude pesadamente.
Capítulo aparte merece a súa utilización polos políticos pois, coma xa sucedeu cos termos «privacidad, doceavo, vergonzante e por consiguiente», os homes públicos son pezas moi codiciadas por multitude de cazadores asmáticos ó quieto. Neste caso vale máis non insistir, xa que o eco dos errores públicos, coma as atribucións de malos cheiros, soe ser bastante máis persistente que eles mesmos.
Normalmente, as acepcións aproximadas, sexan estas vangardistas ou simplemente pioneiras, teñen máis futuro e conteñen unha significación máis incisiva i eufónica que as exactas. En calquera caso, coma tódolo incorrecto, constitúen o noso fatalmente único horizonte posíbel. Por exemplo, a célebre irrupción neolóxica, ostentóreo ven, ademais de a cubrir de gloria ó seu creador Gil e Gil, a chear o socavón lingüístico que estentóreo, coma se fora unha acometida de gas cidade, tiña aberto no pavimento da lingua castelán. Doutra banda, hai que recoñecer que a verba «subterruxio» é infindamente máis clara e ata etimoloxicamente máis expresiva que o pedante «subterfuxio». Pero é que, ademais, coidamos que, a fin de contas, as máis académicas e correctas prácticas semánticas casteláns non son en realidade outra cousa tamén que expresións aproximadas do latín faladas a destempo.
As situacións excesivas á que o uso deste diccionario poda dar lugar se resolverán doadamente; non hai que preocuparse. Cando, por exemplo, o usuario vaia a ser corrixido, anticiparase ó seu antagonista cunha candorosa pregunta «¿non cheiran vostedes a queimado?» , ou ben «¡fulaniño, que mala cara ten vostede!». Se pese a todo o obxector insiste, o mellor é dar xa francamente a voz de «¡¡¡fogooo…!!!»
Toda palabra contén en se mesma a clave do seu significado pero, se así non fora, estas claves poderían ser investigadas polo sistema que se chama de fonación. Por exemplo, ningunha dificultade pode presentar para nos o galicismo «pedoloxía» pero, no caso de disciplente, bastaría con construír frases coma «o xove conde observou disciplentemente os esforzos da abxecta plebe por empoleirarse a seu aristocrático carruaxe» para deducir que «disciplente» é sempre un xove i elegante conde que mira de soslaio e un pouco cara abaixo.
Mais non sempre as nosas contribucións son só conceptualmente innovadoras; as veces sonno sobre todo ortograficament -víanse por exemplo as palabras «meterología» (ou «metereología»), «arterisco», «indiosincrasia» (ou «indiosincracia», que tamén se dí) etc...-
É para nos unha gran satisfacción ter podido incluír aquí termos tamén igualmente aproximados pero especialmente castos do D.I.L.E.*, tales como «barítono, celo, barroco» etc...
Nembargantes hai algúns riscos en todo esto. As asociacións de ideas poden levar ó neólogo a producir locucións non só discutibles senón comprometedoras; por exemplo, dicir Sr. Kaputta en vez de Sr. Caprotti –apelidos ámbolos dous separadamente moi honorables- constituiría un irreparable corpus delicti esquecido no paraugueiro da nemotecnia máis procaz.
Este traballo é unha contribución experimental e futurista que non pretende crear alarma social algunha. Pero –eso si- o lector faría ben durante a súa lectura en evitar o desconcerto definitivo a que lle conduciría contrastar calquera outra fonte.
Polo demais, coido non poder contribuír adecuadamente con esto a aumentar substancialmente o número de palabras que a maior parte de nos usamos sin ter nin zorra idea.
Con todo, eu no me fiaría moito.
Dispensando.

VOCABULARIO CASTELÁN - GALEGO
Abductor, que practica siloxismos nos que a maior é evidente e a menor probable (se dí tamén de certo músculo transverso)
Abencerraje, sindicato mozárabe de cerralleiros
Acerbo, natural de Acerbaián
Afeminada, marimacho revolaineira
Añazaga, engano á zaga (ou de costas)

Barbacana, muller barbuda de vida irada
Barragana, concubina porca e riseira
Baronesa, título gay do Reino
Barroco, estilo arquitectónico caracterizado pola abundancia de verrugas, coma o seu propio nome indica (D.I.L.E., máis ou menos)
Berrendo, se dí de calquera dos tres tenores pero tamén dos curas en xeral e de certos beneficiados catedralicios que sempre andan protestando e golpeando ós cadeirados, alá no fondal dos seus coros.
Bienteveo, candelecho (D.I.L.E.)
Bipontino, natural de Zweibruck (D.I.L.E.)
Bosquimano, animal antropomorfo, arborícola, lanudo e tímido, albino, agarimoso.
Bromatología, ciencia e arte das bromas pesadas, tanto candongas coma cancamusas.

Cambrón (nalgúns sitios, atenuado a “cambroño” ou a “coxín de monxa”), leguminosa pulvinoforme, pinchuda, de alta montaña, que invita ó repouso con engano (Erinacea anthyllis All., nas Serras de Segura e Cazorla)
Canciller, de chan = can e seller = selo: can do selo, can cérbero, xefe de goberno
Capadocia, país xenófobo onde se exercen desmesuradas prácticas anticonstitucionais
Casus belli, putada
Catarsis, trance místico guerrista
Catástrofe, relativo ó Catastro
Cebollón, xogo de salón con pitorreo consistente en suscitar aclaracións culturais escusadas -coma con este mesmo vocabulario puidera suceder (v.gr.: o “Barbeiro de Sevilla” non é de Murillo senón de Mozart).
Cefalópodo, de etimoloxía ambigua, persoa que pensa cos pes ou anda coa cabeza.
Celuloide, delicado sinécdoque procedente de metonimia ou transnominación entre cinéfilos
Celo, apetito da xeneración nos irracionais -segundo o honestísimo D.I.L.E.-
Cerril, burro montañeiro e excursionista
Cervantes Saavedra, don Miguel, coma o seu propio nome indica, oriúndo das Serras de Cervantes e de Saavedra, na provincia e Lugo.
Circunspecto, persoa que non fala por non pecar
Clavicornio, instrumento parecido ó fijle pero algo máis retranqueado
Climaterio, se di de situacións meterolóxicas revoltas e inesperadas (por extensión, tiberio, batahola, boruca, gnóstico e abintestato)
Colarse, pórse á cola
Conceptuoso, pexorativo para escritores coxitabundos, profazadores, pitofleros, biltroteras, embolismadorese e joputas.
Conciente, licencia parlamentaria felipista
Condecorar, decorar condes
Congruencia, inxesta desordenada de congros malacopterixios
Conmilitón, compañeiro de armas da talla oitenta e oito
Contemplar, superior axexamento xurisconsulto
Contrabajo, violín desmesurado cuxo transporte explícao todo (non confundilo co contraballón, unha oitava máis baixo, unha tonelada máis pesado e, ademais, de vento)
Coprolito, excremento meteórico de orixe descoñecido
Corrupia, palabra moi común que non ven no D.I.L.E. nin no ESPASA, pero si no Eladio Rodriguez de Galego-Castelán.
Corruptela, corrupción pequeniña e agarbanzada -por exemplo, o roubo dun piano-
Contubernio, cohabitación vitivinícola de esquerdas.
Conyugicida, especie de ZZ contra cónxuxes e conxugas
Crimen humanitario, asasinato agarimoso
Culinario, especie de bidé

Deletéreo, arrecendo ilocalizabel e sospeitoso
Deleitarse, do arameo de = des e do galego leite = leite (en castelán patrimonial = deslecharse)
Democracia paritaria, representatividade institucional ecuánime de parturientas ó 50%.
Destetar, termo misóxino (v.gr.: te desprecio y te desteto)
Disciplente, miraceos
Discóbolo, rebelde
Disimulo, de dis = dis y mulo = mulo (por exemplo “mexan por ti e hai que dicir que chove”)
Doceavo, novísimo ordinal parlamentario

Elite, reboleina entre cosmopolita e aerodinámica
Espurio, fillo de pai putativo e mai subrepticia
Estetoscopio, instrumento diagnóstico algo confianzudo
Eutrapelia, disquisición erudita que remata onde empeza –por exemplo, a teoría do sapo parteiro-.
Eructo, exabrupto neumático, timpanismo ou meteorismo -non confundir con treboada-.
Exabrupto, grosería hexagonal que, polo xeral, contén expresións torpes e contrarias as ensinanzas da Nosa Santa Nai Igrexa.
Expectoración, secreción laringolóxica coa que os espectadores rebentan os espectáculos –de aí, dobremente, o seu nome-. Se di tamén de certo tipo de cancións gargarexadas, como as de Louis Amstrong.

Ferreira, Pampaneira, Capileira, Lenteira, Unqueira, Mosqueira, Beiga, Buvión etc. : toponimia mozárabe andaluza, precedente nunca confesado da nosa lingua galega. Nesta mesma fala, Jehuda Haleví -a pouco da invasión, antes do noso romper a falar e dentro da máis antiga corrente lírica de Occidente- xa dicía fluidamente: “Bayse meu corazón de mib…”
Flagrante, que flagra (D.I.L.E.)
Flatulento, persoa melancólica xeneradora de gases
Follón, alteración sexual do orden público
Fornicio, matrimonio civil

Galata, Galacia, Galitzia, Galias (francesas, belga, flamenca, suiza, alemana, austriaca, italiana), Gales, Gallaecia, Galicia, Galatz, Galilea (?), Galich, Galati, Galaxidi, Galesano, etc: despoxos territoriais galos de onde semella deducirse que non só Europa senón tamén Karol Wojtyla, Cristovo Colon e non sei se o mesmísimo Noso Señor puideran ser galegos.
Garamanta, xentilicio comunmente aplicado ós xétulos lotófagos que esquecían a súa patria
Gastrónomo, especialista en cromatografía de gases
Gay, non catalogado no D.I.L.E. e de orixe incerto, semella eufemismo devecido de maricón ou algo así (en latín gaudium = gozo i en occitano gai = ledo)
Godella, arcaísmo romance que, o contrario de “infamalla” e “aldráxalla”, non é o que semella.

Herbívoro, militar patateiro
Hebdomadario, especie de calendario zaragozano francés, aconfesional e hortofrutícola
Hombre, instrumento de vento
Hombre público, puto
Honestidade, según Salvador de Madariaga, virtude de medio corpo para baixo
Hostialidades, certas actividades sobre a cara do próximo ou, por extensión, belicosidade entre nacións

Indiosincrasia, coma o seu nome indica
Input (do latín in e do arameo put), se di de homes informatizados, castos e pusilánimes
Intelectual, desviado sexual solitario
Inverosímil, manifestación de indiferencia face toda clase de persoas, animais e cousas (v.gr.: “tu opinión me resulta inverosímil y equilátera”)

Japuta, pescado teleostio i espiñoso
Jurisconsulto, barbado bífido, xusticeiro e airado que exerce a avogacía
Jurisprudencia, variante moderada de Xurisconsulto

Kaputta, pascólogo polaco que non hai maneira de citar en clase.

La Coruña = A Cruña = Crunia = Clunia = _________, klouneios =(semellante a A Cerdaña ou a Cluny: ¿“Porcuna” quizais?): os porcos foron aquí frecoentemente totemizados, e robres e belotas nunca faltaron. Unha gran vía romana, que empezaba en Zaragoza e remataba en A Coruña, pasaba primeiramente pola Clunia e ¡Coruña! burgalesa, rica tamén en belotas e máis en moedas que levaban porcos gravados. Por todas estas razóns, e por ser o monxe medieval cluniacense Picaud o autor a nosa costa da primeira e más importante guía turística do mundo, coido que sería bon pensar no irmanamento de A Coruña e Cluny.
Lengua española, desafortunado termo atribuido a lingua castelá, sen duda para priorizala sober das outras tres linguas españolas: a española-catalá, a española-galega e a española-vasca. Pero ningunha destas linguas poderá deixar de ser española nin o castelán poderá selo en exclusiva mentras China non se anexione Euskadi, Galicia e Cataluña. Con motivo do perigo marelo, xa decíalle don Pedro Pita a miña aboa tódalas mañáns mentras, alá polo ano 35, corría devotamente deica as Clarisas, “¡¡doña Ramona, doña Ramona, Xa están en Lugo!!” De modo que todo se andará.
Limoges, toponímico francés que soa coma unha especie de “Limoss…”, semellante ó dubitativo Lemus ou Lemos dos antigos bandos municipais monfortinos. As analoxías non paran ahí: Coma Monforte, Limoges se levanta sober de colinas, a beira dun rio, nun país precisamente limoso, arcilloso, ceramista e celta, o nome “lemovice” da súa tribu fundadora evoca fortemente o dos nosos ancestros “lemabos” e, polo menos, ámbolos dous suxeren certa adhesión a cultura agrícola dos “lodos”. Polo demais, Limoges non era moi limpa.
Lucha intestina, estrenximento.
Lúdico, natural de Ludo

Masa crítica, mentideiro
Masculino, se di dos que dispoñen de máis e mellores asentadeiras
Metafísica, Aristóteles chamou así ó que estaba detrás da súa física, non encima
Meterología, variante Cope da Ciencia do Aire (tamén chamada “metereoloxía”, segundo o locutor de turno)
Mujer pública, telefonista

Nación, terra razoablemente característica e homoxénea dentro da que un nace.
Nóbel, premios que outorga a Academia Sueca en lembranza do arrepentido dinamiteiro Alfred (non confundir co premio novel, que outorgan as ursulinas)

Oblato, bieito inxeridor de obleas (tamén “agradecido” en italiano. v.gr.: “moito oblato”)
Ostentóreo, berrallouzas iracundo i exhibicionista

Parajoda, paradoxa equivocada
Parafernalia, festa neoclásica con desfile de carrozas
Parámetro, artiluxio metálico pregabre
Pedáneo, ventoseador rural por prescrición médica
Pedante, pedáneo urbano
Pedología, ciencia dos céfiros e vendavais
Pederasta, técnico en pedoloxía
Pepe, padre putativo (D.I.L.E)
Pluviometría, cuantificación radiofónica da choiva en metros por litro cadrado
Poya, residuo formado polas gárgolas do liño
Prístino, herexe medieval compostelán.
Prostituta, mestra suplente
Protocolo (do grego proto = primeiro e do galego colo = regazo) se di do arte de asentar gilipoyas ou tamén do que defendera ou defendese protoposto nunha cola.
Pusilánime, tiquismiquis meapilas e tiopaliza
Putativo, fillo de autor anónimo
Putton, aumentativo outorgado a ilustre forestal francés

Racista, persoa que distingue perfectamente entre un negro e un esquimal
Rallye, inventor do sistema de lectura para cegos que leva o seu nome
Relevante, soprón, chivato, acusica, correveedille, cabrón, fillo de puta
Retrete, onomatopea carpetovetónica que refírese ós escusados e tamén a pequenos gabinetes rexios de traballo
Retreta, toque de corneta que lle lembra a soldadesca as súas derradeiras obrigacións vespertinas
Ripio, accidente otorrinolaringolóxico belcantista que permite ós entendidos resgarse ostentosamente as vestiduras

Saturnales, festas masónicas subterráneas
Sentenciosa, verdade pequeniña e xeitosa
Sibilino, orador sibilante e cuspitoso
Sofisticado, bioquímico español de formación xermánica
Soflama, sermón redentorista
Stoss, Veit, según Solomon Reinach, gran escultor galego do renacemento alemán nacido en Nuremberg e criado en Cracovia
Subterrugio, argumento anfibio e ambidextro

Tirez, rótulo francés do tirador W.C. que inicialmente suxería o seu correcto uso -inda que os desconfiados soían engadirlle o cartel “Tirad del TIREZ”-.

Vergonzante, desvergoñado
Villa Manolita, vila coqueta e agarbanzada
Vizconde, conde visco

Xenófobo, egabrense

Zangolotino, pisaverde pernilargo e merodeador.

____________________________
D.I.L.E.: Diccionario Ideolóxico da Lengua Española, do Dr. Casares - segundo teño entendido, ilustre boticario monfortino, con rúa e todo, descubridor do fluor nas augas de Yelowstone e solista de bombardino por oposición na Banda de Rivas Altas. A súa morte recibiu do concello a máis económica oración fúnebre nunca alí pronunciada: “Fodeuse a Química”.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información