Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Traumatismos municipais

lunes, 01 de octubre de 2012
Ourense e Boqueixón están feridas. Polos traumatismos dos últimos días.

Porque calquera institución ten o seu calendario, e os concellos dispoñen dunha planificación cuatrienal na que, despois das correspondentes eleccións, se escollen os concelleiros dacordo coa proporción dos votos emitidos. E dentro das diferentes listas, o cabeza da máis votada ou da que resulta dunha confluencia política, será elixido alcalde para catro anos, ata as próximas eleccións.

Todo o que non se axuste a este calendario significa un trauma, xa sexa unha moción de censura da que resulta un novo alcalde, xa pola dimisión do titular derivada de calquera continxencia municipal ou extramunicipal.

Neste traumático caso, Boqueixón e Ourense quedan sen alcalde pola dimisión dos seus titulares involucrados en problemas xudiciais.

O drama é indubidable, especialmente en Ourense onde o titular se resistiu a deixar a Alcaldía, loitando contra si mesmo, contra a súa forza política e contra os seus aliados políticos que o deixaron só e terminaron por ter tamén un problema nas súas filas.

Non é bo para a institución o traumatismo, que a deixa marcada para o resto da lexislatura e aínda despois. Non é bo para o panorama municipal, no que se detectan problemas que poden existir pero non é bo que existan. E sen embargo é bo para o sistema e para a cidadanía, que observa que a sociedade ten mecanismos que funcionan detectando anormalidades, aínda que estes mecanismos sexan lentos e moi minoritarios.

Independentemente de que os afectados poidan demostrar a súa inocencia, sempre presumible, e volver ostentar similares ou diferentes cargos, a lección que temos que sacar de situacións coma esta é a necesidade de depuración de responsabilidades diante de presuntos comportamentos irregulares, e a convicción para toda a cidadanía de que os comportamentos desordenados son a excepción, e deben ser axeitadamente xulgados e castigados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES