Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sen fronteiras

jueves, 27 de septiembre de 2012
Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, nos sete primeiros meses do presente ano, un total de 10.000 galegos saíron ao exterior para atopar traballo noutros paises.

Non será unha sorpresa neste país, se temos en conta a longa tradición emigrante cara a Hispanoamérica primeiro e a Europa despois, pois sempre os excedentes do mercado de traballo buscaron saía ao exterior na percura dun mellor vivir.

Pero nos últimos anos do século pasado e primeiros deste, deixamos de ser un país emigrante e recibimos numerosos continxentes de traballadores procedentes do extranxeiro que foron un revulsivo para esta terra, contribuíndo a unha maior apertura a outras culturas, e facéndonos moito máis internacionais.

A emigración doutrora estaba formada especialmente polos excedentes menos preparados do campo ou da cidade, man de obra para economías emerxentes necesitadas de aportacións do exterior. A emigración dagora é moito mellor formada, cualificada profesionalmente, de moito máis costosa preparación.

E se por unha parte é lóxico e ata desexable que os modernos emigrantes sallan ao exterior buscando un posto de traballo que aquí non atopan, por outra hai que lamentar que outros paises se aproveiten do que nós non podemos facelo, desenvolvemento as potencialidades destes traballadores que aquí só atopan as listas do paro para encadrarse.

As economías europeas sen problemas son as recipiendarias destes novos emigrantes, que se fóron dez mil ata xullo, a Unión Profesional de Galicia estima poden ser un total de vinte mil ao remate do presente ano. Que son as destinatarias lóxicas dentro dunha Unión sen fronteiras, tampouco laborais. Pero a sensación xeral é de frustración porque toda partida – para mellorar, para traballar- é un fracaso inicial, aínda que logo poida transformarse en triunfo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES