Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De repente, un terremoto

lunes, 24 de septiembre de 2012
Informativo. De repente, un terremoto informativo sacode a nosa sociedade, dependendo o impacto da situación do epicentro. E cando o epicentro queda, como no caso que nos ocupa, na nosa comunidade, o tremor ve multiplicada a súa intensidade.

A detención do alcalde de Ourense por parte das forzas da Orde a requerimento dunha xuiza lucense foi un terremoto que sacudiu Galicia o pasado xoves, a medida que se coñecía a noticia, coa rapidez dun tsunami. E logo, a do alcalde de Boqueixón (aquel do PSOE, este do PP) completa un cadro de primeiras autoridades que se poñen na picota da Lei para decidir se a teñen infrinxido ou non.

A información é máis destacada, máis tremenda, canto máis se confronta coa normalidade; canto máis significa alteración da vida cotián, e que deteñan a dous alcaldes no exercizo do cargo ven minimizar a doutras dez persoas, con diversas actividades, que nunca producen o mesmo efecto informativo ca a dos edís afectados.

Parécenos que a actualidad nos envolve, nos acomoda, nos somete, e é verdade que vivimos dependendo de noticias sociais, políticas, económicas... e de repende as novas xudiciais veñen poñer de manifesto que existe un poder, só sometido ao imperio da Lei, que pode mover os cementos da nosa actualidade, e demostrarnos que outra realidade é posible, que as súas medidas poñen en cuestión moito do que coidamos actual e normal.

Estamos aínda cos tremores que seguen a todo terremoto, e as réplicas poden aparecer en calquera momento. E como ocorre cos terremotos naturais, terrestres ou marítimos, non hai posibilidade de detección previa, e só podemos asombrarnos da súa intensidade, e medir e soportar as súas consecuencias.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES