Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Están tolos?

martes, 29 de marzo de 2005
Parodiando a Asterix/Obelix, que consideraban que aqueles romanos invasores tan extraños estaban totalmente tolos, temos que preguntarnos se a nosa mocidade padece do mesmo mal; se os rapaces están tolos.

Non se pode, loxicamente, xeneralizar, pero os galegos temos dereito a preguntarnos se gozan de boa saúde mental os estudiantes universitarios do distrito de Compostela que, nunha porcentaxe dun trinta por cento, non acoden nunca ás clases.

Coidamos ter dereito a preguntarnos pola firmeza mental deses estudiantes universitarios que fan que o ex decano da Facultade compostelana de Químicas califique a universidade de "gardería de nenos grandes ós que mandan a pasa-lo día".

Pero máis dereito temos a preguntárnolo en relación cos gravísimos altercados provocados en Lugo o pasado fin de semana, cando nun macrobotellón na zona do Parque Rosalía de Castro arredor de douscentos rapaces -algúns, de trece anos- vaciaron os extintores dun garaxe que invadiron, atravesaron coches na rúa, tiraron contedores costa abaixo con
rapaces dentro, racharon mobiliario no exterior do edificio do colexio de Arquitectos e puñeron en fuga unha dotación da Policía nacional.

¿Están tolos? ¿Esto non é kale-borroka? ¿Pode considerarse terrorismo urbano?.

Os rapaces poden estar mal educados como supón algunha autoridade, que moito de deixación paterna hai neste problema. Os rapaces poden estar influídos por esta tolemia que nos invade que supón que todo o que temos son dereitos, e ningún deber nos afecta. Os rapaces poden hasta estar tolos de xeito temporal ou momentáneo por sustancias ou ambientes que os inflúan.

Pero esto non é problema de rapaces. É problema de maiores, por acción ou omisión; especialmente por omisión.

Por omisión dos pais, que permiten que rapaces de trece, catorce ou quince anos pasen a noite fóra da casa. Por omisión dos pais, que -con fillos maiores deses idades- teñen perdido todo control sobre a súa vida, diurna ou nocturna. Por omisión das autoridades que deixan que uns vándalos dominen unha cidade, ou unha zona, permitindo que unha dotación da policía sexa posta en fuga por douscentos rapaces en pé de guerra.

¿Están tolos? Pode que sí. Porque todos, absolutamente todos, estamos tolos, para permitir unha situación así.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES