Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manda carallo!

viernes, 21 de septiembre de 2012
Eu tiven unha profesora andaluza –Sara González Niza- que, recén chegada a Galicia, un día chegou á clase pronunciando alegremente unha palabra que viña de coñecer e que xulgaba fermosísima. Viña entusiasmada polo descubrimento verbal. Cando pronunciou aquel sonoro “Carallo!”, as rapazas presentes encargáronse de explicarlle significado e improcedencia da súa expresión en público.

Faltaban arredor de quince anos para que Manolo Romón “rompese” os aires e os tópicos co seu “Galicia, gran carallo de sal”, e para que “Os resentidos” co seu “Galicia caníbal” proclamaran urbi et orbe que en Galicia “fai un sol de carallo”.

Desto último fai trinta anos, que Os Resentidos andan celebrando, e todo se foi normalizando. E superando. E hoxe os máis novos adoitan expresarse de xeito moito máis rotundo que esta –chega a ser fermosa e inocente expresión coloquial, en comparación- palabra xa reservada para as admiracións máis básicas.

Hai agora vintetantos anos, soubemos que o noso fillo era case maior de idade cando lle escoitamos un emocionado “Carallo!” ben sonoro ao ser testemuña dunha tremenda tormenta de auga e saraibas que convertía en furioso río a tranquila rúa na que vivimos. Como todo evoluciona e se reducen os tempos, a última noticia que teño en relación con esta palabra tan entrañablemente galega, é o comentario da miña neta de catro anos – quen non repite o que escoita en calquera ambiente?- ao probar a auga da praia de Miño nun destes días de forte calor: ¡caralliño, que fría está!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES