Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do que todo o mundo fala

viernes, 21 de septiembre de 2012
Agora, hoxe en día, das “comunidades autónomas”. Comecemos, con afección pedantesca, pola etimoloxía. “Comunidade”, segundo o DRAE, deriva do latín “communitas”, e esta, de “communis” (“Cum”, con, e “munus”, regalo). E xa o historiador latino, Cornelius Tacitus, empregaba unha frase abondo suxestiva neste noso tempo: REMPUBLICAM SUI MUNERIS FACERE, coa tradución seguinte: TRAER A SI TODO O GOBERNO. Pero aínda podemos volver a botar man do “Raimundo de Miguel”, e traer aquí o termo, en plural, “moenia, -ium” = fortificación, muralla. Outro pasiño: a “comunidade” é “autónoma”, é dicir, ten autonomía, e por tal o DRAE, en primeira acepción, di: “Estado y condición del pueblo que goza de entera independencia política”.

Nestas referencias semánticas xa encontramos uns importantes termos: “regalo”, “traer”, “todo”, “goberno” e, para que non haxa lugar a dúbidas, “autonomía”. Todas estas lindezas deixáronas os “Pais da Constitución”. Seguramente, a pesar da súa indiscutible intelixencia, notable formación e boa vontade, parece que non previron os avatares do tempo, e por iso introducen, a maior abundancia, o termo “nacionalidad”, no contexto textual da Constitución, dunha non desdeñable imprecisión. E eles, xuristas de fama, deberían darse conta que máis tarde a hermenéutica ía caer en mans leguleias, para xustificar o que xa estaba latente: a esixencia de estatutos acordes con todo isto.

Así comenzamos: Semánticamente, “entregando todo o goberno”, cando menos potencialmente, deixando espazo para a construción de murallas, virtuais, claro está, e sen reparar en que, pola súa propia natureza, os nacionalismos van paso a paso acadando obxectivos parciais, con unha teimosía tal que os fai irreversibles; pero, segundo as circunstancias, unhas veces axudando, e outras vendendo as axudas ao mellor prezo: no caso de España aliándose cuns ou con outros, segundo unha estratexia ben calculada. Sempre vía independencia.

E por suposto, difundindo, sen tregua, que se trata dun nacionalismo democrático, aínda que cunha atención vixiante para evidenciar que se toma boa nota dos que non comparten os seus obxectivos salvadores, deixando no ambiente que quen non contribue a solución é parte do problema. Xustamente por iso, existe un empeño en preparar aos cidadáns no sistema educativo para que máis tarde sirvan de coadxuvantes na persecución dos seus fins independentistas, partindo de que o home nace ignorante, sen apaixonamentos configurados, pero non imbécil: O que o fai imbécil é a educación previamente comprometida con propósitos dun marco subxectivo que pon en perigo a verdadeira obxectividade.

Non obstante, os nosos presidentes do goberno da Nación, no que levamos de democracia, parecen non enterarse; mellor dito, manteñen actitudes pouco acordes coas súas obrigas coma autoridades, por se quizabes necesitan o apoio dos nacionalistas para constituir goberno no caso de non ter maioría suficiente. Isto ocorre cos partidos maioritarios, PSOE e PP, que, aínda que non sexa máis que por poñer en perigo a integridade de España e por deixar que a súa incoherencia se airee ós catro ventos, non son merecedores da confianza dos cidadáns, coma xa dixen noutra ocasión, porque ningún político de altura pon a súa propia dignidade e a do seu país en mans de minorías investidas de atávicas ideoloxías e terxiversacións históricas, incapaces de defender a cultura do seu pobo sen crispacións e violencias, como único xeito de non aldraxar o lexítimo dereito a facelo, aínda que sexa xusto recoñecer que, as veces, están máis o menos provocados polo desfasamento e a incompetencia conservadora.
Pero é que, ademais, o que verdadeiramente deben preservar os gobernantes nunha democracia, en xeral, é a liberdade das persoas, que non queda garantida pola das entidades subordinadas as que poidan pertencer, e máxime cando os que a reivindican como independencia para os seus pobos, nalgúns casos burgueses moi acomodados económicamente, ocultan intereses clasicistas ou “sinecuras” (“sine cura” = sin cuidado, sin molestia), que pouco teñen que ver cos intereses dos cidadáns, reclamando uns dereitos, paradóxicamente, pre-legais ao amparo da legalidade vixente, que cuestionan cando non os favorece e, con desobediencias civís e violencias na rúa, noutros supostos: Do cinismo como método emerxe a máis noxenta arrogancia e a máis ousada desvergonza, en modos superlativos!.

É lamentable, por outra parte, cás vítimas das violencias nacionalistas teñan que soportar outros agravios ademais das profundas feridas quer deixa nelas a ausencia dun familiar ou amigo asasinado, e que cando se lles fai xustiza teñan que agradecela como se non se lles debera.

Dicir, xa para terminar, que nun país onde os familiares das persoas asasinadas polo terrorismo teñan que constituir asociacións para que os sentimentos dos seus concidadáns non desfalezan e as accións reparadoras dos poderes do Estado non perdan o vigor necesario, algo vai mal, pois se o marco legal non permite a contundencia ética e xurídicamente considerada adecuada, haberá que axeitalo as esixencias contextuais, para que as persoas ás que constituiu como autoridades, con poder, o suxeito constituínte, o pobo, que é o poder supremo, non o capitalismo nin a necidade, nun país democrático, poidan facer uso do mesmo, sen melindres, cando as circunstancias o impoñen: Non facelo así sería moi grave e a responsabilidade da autoridade sempre proporcionada ao poder que se lle otorgou: As diplomacias cos da casa nunca deberían substituir a educación con EFICACIA e CONTUNDENCIA axeitada as esixencias contextuais.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES