Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O crime da Granda

martes, 18 de septiembre de 2012
10 de agosto de 1950. San Lourenzo en Foz e feira na Espiñeira. Á volta désta o veciño de Marzán Hipólito Marful Moreda, “o Chorlo”, decátase de que uns burros pacen libremente en terreo da súa propiedade no monte de A Granda, na Corredoira- Foz.

Nas proximidades acampan unhas familias xitanas e a severa reprimenda do dono do terreo sobre os animais que, inmesericorde, malla neles sen contemplacións, da orixe á vinganza cun brutal enfrentamento entre as persoas, con resultado de morte para O Chorlo.

Os presuntos homicidas fuxen e son perseguidos por varios números da Garda Civil, ao mando do sarxento Irimia, monterrosino destinado no cuartel de Foz, procedendo á detención dos fuxitivos en San Tirso de Abres.

De resultas das dilixencias instruídas, quedan baixo a custodia do concello dous burros pertencentes ós encausados, que deben custodiar e alimentar os munícipes, en tanto o señor xuiz non dicte a resolución correspondente, dispoñendo do destino dos asnos.
Feito que se produce o 13 de setembro de dito ano, poñendo a disposición do concello os dous burros para o destino que éste considere mais oportuno, e que en pleno celebrado pola Corporación o 25 do mesmo mes, por unanimidade acordan proceder á súa venta, en pública subasta, a realizar no Consistorio, o 2 de outubro do devandito ano.

A subasta sería polo sistema de “puja a la llana”, e o tipo base como valor de cada animal o de 100 pesetas.

O recaudado destinaríase a sufragar os gastos orixinados pola alimentación dos animais e o superavit, de habelo, quedaría depositado na Caixa Municipal, a resultas de calquera continxencia.

Fíxose a subasta o día sinalado e os asnos foron adxudicados a Xosé Ramón Val Pérez, en 105 pesetas e a Francisco Mariña Pérez en 110, respectivamente. Coa anécdota da subasta dos burros municipais, rematou o lamentable episodio que se iniciara coa morte tráxica de “O Chorlo”: as coplas do crime vendéronse nos mercados e “O cego de Viloalle”, co seu violín, cantounas por feiras e romarías…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES