Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ricardo Núñez, de Betanzos

lunes, 17 de septiembre de 2012
Desde hai anos, en Fonmiñá impuxémonos a obriga de facer xustiza a galegos vencellados ao cine, para dalos a coñecer a todos os que sintonizan coas mensaxes que emitimos desde a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

E asi, persoeiros que son historia viva da sétima arte ou que xa non están fiscamente entre nós, cobran de novo vida pola maxia do cine, polo rescate dunha colección de vellas imaxes convertidas en exposición, e por un libro que escribe Manuel Curiel para achegarnos a quen queremos rescatar do esquecemento.

De Ricardo Núñez, o noso homenaxeado en 2012, gárdase en Betanzos memoria de amizade e veciñanza, e os cinéfilos saben del. Pero é unha figura tan entrañable, tan humana, sentímolo tan preto de nós, que entendimos era o persoeiro perfecto para renderlle unha homenaxe, espallando o seu papel no mundo do cine.

Foi “emperador da simpatía”, porque a súa personalidade desbordante conquistaba a todos os que con el tiñan relación na mesma medida que as súas creacións artísticas engaiolaban ao gran público. E esa simpatía que sempre o acompañou tinguiu de luz a súa filmografía e amósanolo hoxe nimbado dunha aureola que nos achega aínda máis ao actor que desde Betanzos acadou os máis altos cumes da cinematografía española.

Ricardo Núñez non era amigo do silencio. Pois nós tampouco queremos que o silencio o acompañe agora, e por eso volvémolo de novo á actualidade, Hoxe, é o seu día, e en Lugo comeza un ciclo de películas, ábrese unha exposición na súa honra e preséntase o libro titulado "RICARDO NUÑEZ, O EMPERADOR DA SIMPATÍA".
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES