Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Don Jorgito, "O Inglés"

viernes, 07 de septiembre de 2012
Sabido é que este nome corresponde ao de George Borrow, ese emisario das Sociedades Bíblicas de Londres, que viaxou por España entre 1.835 e 1.840, vendendo biblias. Foi un persoeiro que desperteu moita curiosidade nas xentes de Galicia, porque tamén a percorreu aló polo 1.836 e 1.837. O meu amigo e pintor Eusebio Seivane aínda hoxe en día é vítima do arroubo que lle produce a lectura dalgúns episodios deste Don Jorgito, ao seu paso polo Norte de Galicia, e non me deixou en paz ata que lle prometín escribir algo sobre o mesmo, co motivo de cumprir os 175 anos do seu paso por Ribadeo Trátase dun home que ten o mérito de ser un teimoso lector, e pensei que ben merecía esta atención; pero sen defraudar, a ser posible, aos lectores deste Medio. Polo tanto, direi algo cun contido axustado a un artigo.

Jorgito naceu en Inglaterra, en Dereham, en 1.803. Foi vivir a Norwich en 1.820, onde traballou de procurador. En 1.824 encontrámolo traballando en Londres nunha empresa de publicidade. Pero no 1.826 xa estaba viaxando por Inglaterra e polo Continente. Os seus viaxes por España comenzan no 1.835. Casou no ano 1.840, xa de regreso ao seu país, e viviu en Oulton ata a súa morte en 1.881.

Por España acompañouno nas súas viaxes un persoeiro tamén moi pintoresco, Antonio Luchini, nacido en Estambul e, según parece, con ascendencia grega, que ben puidese explicar a súas afeccións filosóficas. O caso é que el veu a Madrid, segundo parece, acompañando a un embaixador.

Jorgito escribiu varios libros, entre os que figuran “The Zincali, or an account of the Gypsies in Spain”, a novela “Lavengro”, “The Romany Ryl”, THE BIBLE IN SPAIN, “Newgate Calender” (unha relación dos crímes máis famosos). O Profesor Walter Starkie, que foi o primeiro Director, e durante moitos anos, do Instituto Británico de Madrid, editou algunhas destas obras, que supoño están na Biblioteca do Instituto. En todo caso, hai un libro moi bo, en francés, de René Frechet, titulado “George Borrow”, París, 1.956 (non rocordo a editorial, pero tampouco consultei Internet). Da “Biblia” hai unha edición prologada e traducida ao español por D.Manuel Azaña, da que don Ramón Fernández Mato, nunha carta que me escribiu o 4 de outubro de 1.972, dime: “La “nota preliminar” del que fue mi eminente jefe y amigo es bastante jugosa”.

Don Jorgito “O Inglés” veu a Galicia no 1.837. E aquí, en prol da brevidade, permítanme que lles diga algo dalgunhas anécdotas, deixando importantes espazos baleiros. Penso, sen embargo, que serán abondo para que o lector poida formar un idea do persoeiro. No percorrido polas terras gallegas lindantes con León, o seu cabalo perdeu unha ferradura, pisando na lama barrosa, nunha corte, como di el en inglés, “my horse soon lost a shoe”, que non foi capaz de encontrar, nun pobo da montaña, nos Nogales, e entón preguntou ao hosteleiro se había un ferreiro na localidade, surxindo de aquí este diálogo:

-- Si, señor, pero supoño que trouxo a ferradura con vostede, ou esa grande besta non pode ser ferrada neste pobo.

-- Que quere dicir?. É o ferreiro incapaz para isto?. Non pode poñer unha ferradura?. – pregunta Jorgito.

-- Si, señor, pode poñela se vostede lla da; pero non hai ferraduras en Galicia, ao menos nesta parte.

-- Non acostuman entón a ferrar os cabalos en Galicia?.

-- Señor, non hai cabalos en Galicia, hai só pónies, e os que traen cabalos a Galicia (e ninguén que non sexa tolo o fai) debe traer as ferraduras; só as ferraduras dos póneis se encontran aquí.

O diálogo segue así, coa explicación do hosteleiro, dando razóns de por que aquí non hai cabalos, entre elas as condición montañosa da paisaxe.

Xa se poden decatar cal sería a primeira impresión de Jorgito. Pero neste pobo propónse pasar a noite e di que é un lugar pintoresco, con montes empinados, cubertos de castaños, etc. Durmiu nel, pero aló a media noite despertouno Antonio, porque conviña ir ata Lugo, xa que o correo de Madrid ía para a Coruña, e coma o camiño estaba cheo de ladróns e carlistas (era xustamente no tempo da Guerra Carlista dos Sete Anos), unha escolta de soldados vixiaba a ruta, para evitar que o correo fora asaltado polos bandoleiros.

Esta precipitación non lle impediu ollar as míseras chozas, con teitos de palla dos cereales, e na herba nada encima. Tampouco lle pasaron desapercibidos os montóns de esterco diante das portas. Todo encharcado de lama…!. Os cochos e os rapaces andaban polos lameiros. E os farrapentos soldados cantaban:

“Don Carlos é un vello groseiro,
De corazón cruel, frío,
Pero Isabel é unha nena inofensiva,
De só seis anos”.

(“Don Carlos is a hoary churl,
Of cruel heart, and cold;
But Isabel`s a harmless girl,
Of only six years old”).

É xusto resaltar que en Lugo, tanto os frades coma os curas acolléronos ben. O mesmo obispo, frei Hipólito Sánchez Rangel y Zayas, comprou dous exemplares da Biblia. “O Inglés” encontrou a Lugo pequeno, cuns 6.000 habitantes, sen edificios importantes. Visitou os Baños Romanos, que estaban cheos de enfermos, a pesar do seu estado ruinoso. Os enfermos semellábanlle vestidos de mortallas. A súa estancia en Lugo durou unha semana e logo colleu rumbo a Coruña, nunha dilixencia, con escolta de soldados, aínda que todos tiñan pinta de bandoleiros. Digamos, de paso, que el foi a Betanzos, a Compostela, a Padrón, a Caldas de Reis, a Pontevedra, a Corcubión, a Ferrol…, a Viveiro, a Ribadeo…
………………………………………………………………….
“Where are we now?” (“¿Onde estamos agora?”, pregunta Jorgito ao guía, e este dille que “in the valley of Coisa doiro” (“en el valle de Cousa doiro –Couzadoiro-”, onde pasan a noite para ir logo a Viveiro, para cuxa ruta colleu de guía a un tal Juanito, xenro do Alcalde. Viaxan, en canto poden, pola beira do Cantábrico; pero o guía non sabe ben o camiño e dirixeos mal, e eles xa viñan mosqueados. Antonio dáse conta de que lles falta a cincha de coiro do cabalo e desconfían do Juanito, que, efectivamente, levábaa arredor da cintura, debaixo das cirolas. Avergónzano as xentes, porque roubara a dous inocentes estranxeiros, e el expresouse así, según a versión inglesa: “innocents strangers, carracho!. They know more of Spain and Galicia too the whole of us” (“¡Inocentes, carracho!. Saben máis eles de España e de Galicia que todos nós”).

En Ribadeo contratou un “alquilador” profesional, Martín de Ribadeo, que se ofreceu co cabalo para guialos a Asturias. Isto supoño que sería aló polo 26 ou 27 de setembro do ano 1.837. Pasaron nunha barcaza. E deixemos, que se dirixan a Luarca.

Jorgito ofrécenos as costumes, o temperamento, a cultura, a política e a relixión das xentes gallegas daquela, acompañadas dunha certa referencia as virtudes e, como non!, os moitos perxuizos que tiñan. E segundo Azaña, o que máis lle interesou foi “o carácter dos homes, e non de todos, senón da clase popular: labregos, arrieiros, esmoleiros, xitanos, cregos de aldea, monteiros,..”, etc.

Antonio induceuno a crer que os gallegos tiñan unha grande capacidade para enganar. Pero el era moi observador e puido comprobar que os labregos comían mal e nunha elevada porcentaxe eran analfabetos; mais non caían no centralismo debido ao mal comportamento dos gobernos, e no fondo abrigaban unha astucia moi peculiar.

Por outra parte, non tardaron moito en correr as trolas de que ao Jorgito non lle importaba nada o Papa nin as reliquias do mesmo Apóstolo, en Santiago, e por isto, a Sede Compostelana ordenou queimar os seus libros, ao estilo Torquemada. Sen embargo, hai que recoñecer que Jorgito foi respetuoso coas costumes dos paisanos, incluso as relixiosas, e estivo abondo acertado describindo os males de Galicia: Enxalzou a paisaxe e chegou a dicir que inda cá miseria era moita non era culpa da terra, senón dos homes.

Coma anécdota curiosa, e que evidencia como sempre se lembrou a este persoeiro, tráigolles aquí unha recolleita nun artigo de Victoria Armesto, na Voz de Galicia, penso que aló polo ano 1.972. Escribe que na época de “Don Jorgito” vivía un tal señor García, notario en Pontevedra, que estaba convencido de que esta capital era a mellor cidade de España. George Borrow coñocíao e aventurouse a ir ao seu despacho a venderlle unha Biblia. O notario díxolle: “eses tipos de Vigo andan por aí dicindo que a súa cidade é mellor que a nosa e que Vigo debería ser a capital da provincia. Pasaríalle polo maxín a vostede sequera comparar Vigo con Pontevedra?” . --“Eu non lle poido contestar porque nunca estiven en Vigo, pero oín dicir cá súa baía era a mellor do mundo”.

“De acordo, meu señor – asentiu moi enfadado o señor García - ; eses presumidos teñen unha baía grande, pero quéreme dicir para que se necesita unha baía?.....Eu espero, querido señor, que vostede non viría dende tan lonxe para defender o fato de piratas de Vigo?”. Apurouse Borrwo a contestarlle que o seu único propósito era vender biblias, e logo comentou que nunca coñecera un país de tan feros localismos.

Vaia, pois, este modesto traballo na honra e lembranza de Jorgito “O Inglés”, lembrando que pisaba este solo fai agora uns 175 anos.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES