Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Navallada á terra

martes, 22 de marzo de 2005
Cando a autopista Coruña-Santiago (Agora, Ferrol-Vigo) se foi abrindo camiño pola xeografía da Galicia atlántica, o nacionalismo galego estimou que aquela obra era unha "navallada á nosa terra", por considerar que dividía máis ca unía, que separaba entre sí parroquias e concellos por un muro insalvable.

Anos despois, evidenciouse que -recoñecendo que hai cousas mellorables- aquela navallada foi unha operación de cirurxía que era precisa en aras da modernidade deste país, e que hoxe non podería entenderse ó occidente galego sen esta vía de alta velocidade, da que o
único "pero" resultante pode ser algún tramo pouco afortunado e o custe da súa utilización

En dous tramos é especialmente sensible ese custe -A Barcala e Rande- por ser utilizados a diario por milleiros de persoas, polo seu excesivo custe, e porque non hai vías axeitadas que permitan esa viaxe sen unha perda de tempo e de enerxías impropia destes tempos.

A concesionaria esixiría contraprestacións, e as administración non están polo labor, atopándonos de novo -¿quosque tandem, Galicia?- coa ministra de Fomento, María Magdalena Álvarez.

En Andalucía veñen de solucionar un problema similar, co visto e pracet de Fomento, eliminando o pago na A4 entre Jerez e Puerto Real, nunha distancia de vintecinco km., que sen embargo ten unha autovía paralela. A autonomía andaluza compensará á empresa concesionaria con 75 millóns de euros, e Fomento compensará a Andalucía con outra autovía entre Jerez e Dos Hermanas. Todos contentos.

Ten sorte a Ministra de Fomento que os galegos aínda respondemos ó que no seu momento apuntou Miguel Hernández ("Gallegos de lluvia y calma"), aínda que ultimamente as choivas escaseen.

As navalladas poden ser sufridas por activa e por pasiva. A primeira, por activa, foi beneficiosa para o progreso. A de agora, por pasiva, por diferenciadora, non se da no occidente galego senón por unha liña quebrada que vai desde a ría do Eo, pasa por Pedrafita e segue polas montañas do sur. Da primeira, saímos ben. Da segunda, o tempo o dirá.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES