Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Peregrinando a Rábade

viernes, 24 de agosto de 2012
Peregrinando a Rbade Na canícula, o sábado, fixen camiño a Rábade, á campa de Juana Capdevielle. Á porta reparo forzas á sombra do castiñeiro, tres veces centenario, que garda a memoria de xeracións de veciñas/os que lle confiaron os seus segredos.

Sempre admirei a acollida que esta vila deparou a esta mártir da liberdade e da igualdade, dende o 18 de agosto do 36. As frores naceron sempre dende que ela alumea o ceo chairego; nalgunha visita atopei unha veciña arrincando luz e cor da mármore.

Mentres que a maioría daqueles que os executores do levantamento pasearon nas cunetas, durmen en fosas comúns, ou non se sabe onde..., a esta moza garrida, bibliotecaria e dona da palabra, dedicaronlle uns sucos no seu camposanto, sabedores que non soterraban un cadáver, senón semente de eternidade, que dixo Castelao. O primeiro en descubrirme a verdadeira face desta muller foi o médico Euloxio Penas, fai anos.

Fillo do médico, Don Pepe, que foi chamado por un veciño para atendela, preñada, xa sen vida. Despois, no corazón do Rábade antigo coñecín a Maruxa Santiso, que con 90 anos remove as miñas entrañas, coa testemuña fehaciente da visión daquel crime; alí nas Lagoas, onde se ergue a escultura que simboliza a liberdade, en lembranza de Juanita, un santuario humido pero ateigado de vida, coma as cidades asulagadas da Chaira, recantos que conservan a nosa memoria: lendas e vidas tan reais coma a desta muller sacrificada polos que non aturaron a súa autenticidade.

É a Terra Nai que fai sentir as badaladas no seu corazón, e co seu son impide o esquecemento e a desmemoria, cun arrebato alongado máis forte co asfalto, a voráxine do ruido e as sereas das fábricas. O monumento é a ara que recolle os seus derradeiros latexos, o seu sangue, ruta e guía que clama xustiza as/os viandantes que transitamos por esa carretera. Rábade, na restauración do casco antigo, respectou con arte as súas medras grazas ó tren a ás feiras, agradecida cos seus devanceiros, así dedicandolle unha rúa dende a casa natal, a Fernando Arias, “o crego celio”, tamén asasinado polos facinerosos.

Sen dúbida, que neste aprezo polas raíces, ten que ver o alcalde, Quico, que coma músico, sabe interpretar a muiñeira tradicional cun aire moderno, coma celebramos na Festa da Virxe de Agosto.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES