Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Circulando por Lugo

martes, 21 de agosto de 2012
En Lugo a circulación está planeada un xeito que aos profanos nos parece discutible, aínda que seguro que os técnicos teñen feito os cálculos correspondentes para facer circular vehículos por unha traza romana que condiciona de xeito decisivo o acceso dos vehículos ao casco amurallado.

Esta circulación vese incrementada no mes de agosto polos numerosos visitantes, turistas ou galegos do exterior, que percibimos en número elevado. E agudízase no momento en que sobre a cidade caen catro gotas de choiva.

Esas circunstancias déronse o pasado luns, 13 de agosto no que, de visita en Lugo, tiña unha hora libre que quixen aproveitar para ir ao centro desde a zona da Milagrosa. Se ese desplazamento o fixese a pé, houbera precisado un cuarto de hora para ir, outro para volver, e podería destinar media hora para xestións no centro. O resultado foi que necesitei máis de vinte minutos para chegar ao centro, dez minutos para xestións e máis de media hora para a volta.

O problema é acceder á imprescindible praza de Santo Domingo e, dentro dela, ao aparcadoiro subterráneo. Alí, en hora punta, é imposible atopar praza na primeira planta, porque ou está ateigado ou os que aparcan fano mal e impiden que outros vehículos poidan facelo comodamente. E a estreitez das prazas fai que os conductores non afeitos a esta trampa urbana se tomen todo o tempo do mundo para acomodar o seu automóvil.

O mellor nestes casos é armarse de paciencia e non sufrir demasiado polos angustiosos minutos que pasan con rapidez mentras un contempla o mesmo inamovible panorama porque alguén se ocupa de que así sexa.

A saída aínda e peor ca entrada, e á cola que se forma para pagar e poder retirar o vehículo súmase o conductor que non paga previamente e faino cando se encontra na recta de saída. E os coches que saen do aparcadoiro fano a unha cola interminable, con atasco debido a un paso de peatóns sen semáforo ou a un semáforo que ningún peaton respecta.

E a esto hai que sumar os aparcamentos anárquicos –momentaneos, eso si- nesa praza, a inexistencia de axentes da circulación que teñen desaparecido da nosa superficie urbana, a saída do aparcadoiro de Anxel Fole...

Certo que non debera ter accedido a Lugo en coche ás doce da mañá, e que se me tivese desprazado a pé tería aforrado moito esforzo, agobio e combustible. Pero no pecado si que levei abondosa penitencia.

O que ocorre, e que me fai pensar, é que desde o concello debían tomar algunha medida para solucionar o caos do tráfico na capital lucense, porque penitencia – o que se di penitencia- só a merecen os pecadores. E se imos a eso, os pecados do tráfico, mentras non se transgredan as normas, son pecadiños veniais.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES